A Fundación Juana de Vega abre a matrícula para o Curso de Planificación, Manexo e Defensa de Explotacións Frutícolas. Esta acción formativa durará 24 horas repartidas en seis xornadas. As aulas serán impartidas en horario de tarde no CFEA de Guísamo menos a xornada inicial que se celebrará o 9 de maio na Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros).
A formación é totalmente práctica e con ela estudarase como planificar unha explotación frutícola e os principais traballos de mantemento e mecanización, así como os tratamentos fitosanitarios e a tipoloxía das instalacións para explotacións dedicadas ao cultivo de diferentes especies de frutais de interese en Galicia. Este curso é independente e derivado do Curso de Fruticultura e Técnicas de Cultivo de 2023
Horario o curso
Aulas do CFEA de Guísamo: de 16:30 h a 20:30 h.
Aulas na Fundación Juana de Vega: de 16:00 h a 20:00 h
Para ter o certificado de aproveitamento deberase asistir ao 80% das horas lectivas.
PROGRAMA
Martes, 9 de maio. Fundación Juana de Vega.
Enfermidades das plantas frutícolas.
Martes, 16 de mao. CFEA de Guísamo.
Mecanización, labores primarias e mantemento do chan.
Martes, 23 de maio. CFEA de Guísamo.
Pragas das plantas frutícolas. Prácticas de identificación no campo e enfermidades e pragas.
Martes, 30 de maio. CFEA de Guísamo.
Tratamentos fitosanitarios. Técnicas e pulverizadores. Producción ecolóxica e integrada.
Martes, 6 de xuño. CFEA de Guísamo.
Planificación e implantación dunha explotación frutícola.
Martes, 20 de xuño. CFEA de Guísamo
Instalacións na explotación frutícola: rego, estacada, emparrados, semiemparrados, peches, cortaventos, etc.
Formulario de inscrición: