Convocado o concurso para o cartel da XVIII Feira do Viño de Monterrei

Artistas e deseñadores poderán optar a un premio de 600 € ata o 30 de maio de 2025

Publicidade
Convocado o concurso para o cartel da XVIII Feira do Viño de Monterrei

Imaxe de arquivo.

O C.R.D.O. Monterrei vén de abrir a convocatoria para escoller o cartel anunciador da XVIII Feira do Viño de Monterrei, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de agosto en Verín.

Neste certame poderán participar deseñadores, pintores e artistas en xeral, quen poderán presentar un máximo de dúas obras orixinais e inéditas. As propostas deberán ter un formato vertical de 43 x 63 cm e poderán realizarse con calquera técnica artística: pictórica, dixital ou fotográfica.

O cartel gañador recibirá un premio de 600 euros e será seleccionado por un xurado composto por persoas expertas no ámbito da arte e do deseño, así como por representantes do propio Consello Regulador e do Concello de Verín.

As obras deberán enviarse en formato dixital (.jpg ou .png en alta resolución, mínimo 300 ppp) ao enderezo electrónico infocrdomonterrei@gmail.com, ou entregarse fisicamente na sede do C.R.D.O. Monterrei (Rúa Castelao, 10 Baixo, Verín). O prazo de recepción remata o 30 de maio de 2025 ás 12:00 h.

A D.O. Monterrei está formada por 29 adegas e abrangue os concellos de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Os seus viñedos ocupan un total de 798,10 hectáreas, nas que traballan 381 viticultores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información