Convocadas as primeiras axudas da Xunta para recría de razas autóctonas de bovino, ovino e cabrún

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, durante unha visita a unha gandería de Val do Dubra.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, durante unha visita a unha gandería de Val do Dubra.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a primeira convocatoria de subvencións específicas destinadas á recría de razas autóctonas de gando bovino e ovino-cabrún ameazadas.

Con estas axudas -que teñen un orzamento de 390.000 euros- foméntase a explotación sustentable dos recursos gandeiros autóctonos e a preservación da identidade da diversidade xenética. Ao mesmo tempo, redúcese o impacto ambiental, fomentando sistemas de recría respectuosos.

O obxectivo último que se quere acadar, segundo explicou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, “é que os gandeiros poidan substituír os seus animais por exemplares criados na propia explotación desde o desleite”. Isto, engadiu, “vailles permitir mellorar a adaptación dos animais ao medio, reducir custos e garantir a continuidade das explotacións”.

As axudas que hoxe se convocan poderán chegar a un importe máximo por explotación de 15.000 euros, sendo a contía tope por animal de 350 euros no caso dos bovinos e de 60 no ovino e cabrún. Para os titulares de explotacións de gando vacún destínanse 350.000 euros e para os de ovino e cabrún os 40.000 restantes.

Consulta aquí a convocatoria de axudas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información