Convocadas as axudas do programa Leader, cun orzamento de 12,6 millóns de euros

Estes fondos xestionaranse a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) seleccionados como entidades colaboradoras. Poderanse beneficiar destas axudas as entidades públicas de carácter local ou comarcal, as persoas físicas e xurídicas e as comunidades de montes en man común, así como as súas mancomunidades

CHANDREXA rural ALDEA 1A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria das achegas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas ao abeiro da intervención Leader, no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027, así como as facilidades de acceso ao financiamento, dotadas cun orzamento de 12,6 millóns de euros.

Estes fondos xestionaranse a través dos 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) seleccionados como entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a xestión da intervención Leader. O reparto dos fondos para cada un deles está determinado polas puntuacións obtidas nas Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo aprobadas. En definitiva, financiaranse iniciativas que supoñan a posta en marcha de proxectos produtivos xeradores de emprego e de proxectos non produtivos que beneficien ao conxunto da poboación en xeral.

Poderanse beneficiar destas axudas as entidades públicas de carácter local ou comarcal, as persoas físicas e xurídicas e as comunidades de montes en man común, así como as súas mancomunidades. As achegas concederanse en forma de subvención directa de capital non reembolsable e calcularase sobre os custos subvencionables tendo en conta a porcentaxe da axuda que resulte de aplicación do proxecto, en función dos criterios de selección establecidos por cada GDR.

Bono Activa Rural

A maiores, e ao abeiro da intervención Leader no marco do Pepac, esta convocatoria inclúe como novidade o Bono Activa Rural. Isto consiste nunha subvención que se basea nun importe de axuda a tanto global destinada á creación e posta en marcha de actividades non agrarias nestas contornas, cunha aportación máxima de ata 18.000 euros.

Esta axuda non estará vinculada á xustificación de ningún gasto ou investimento, senón que se relacionará co mantemento da actividade e ao cumprimento do plan empresarial presentado pola persoa seleccionada durante, polo menos, cinco anos. Este plan empresarial deberá demostrar a viabilidade económica e técnica da empresa, apoiándose para iso nas condicións de mercado. Os proxectos que se beneficien desta modalidade de axuda concorrerán cos demais proxectos de natureza produtiva que se presenten.

Neste caso, poderán beneficiarse as persoas físicas que se dean de alta no réxime de traballadores autónomos e xeren unha actividades empresarial a título individual na que se cree, como mínimo, o seu posto de traballo.

Ligazón á resolución no DOG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información