Convocadas as axudas por danos do xabarín e do lobo

Publicidade
Convocadas as axudas por danos do xabarín e do lobo

Administración convocante: Consellería de Medio Ambiente

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2021/20210111/Secciones3_gl.html

Prazo:

Resumo:

A Consellería do Medio Ambiente publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia as axudas para compensar os danos provocados pola fauna salvaxe no agro.

Axudas por danos do xabarín

O importe total previsto para os apoios este ano é de 1,4 millóns de euros, cun máximo por persoa beneficiaria de 2.000 euros.

Nos danos comunicados entre o 11 de outubro de 2020 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes. Para os danos comunicados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación da solicitude de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano ao teléfono 012, de acordo co establecido no artigo 6 da orde.

Para comunicar os danos do xabarín, establécese un prazo máximo de tres días desde a produción dos danos en cultivos agrícolas. Haberá que chamar para iso ao teléfono 012, no cal se lles facilitará un código de identificación que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde as 8.00 ata as 17.30, os sábados.

Indemnizacións por cultivo
– Millo forraxeiro, 0,25 euros / metro cadrado.

– Millo en gran: 0,16 euros / metro cadrado.

– Pradaría, 0,12 euros / metro cadrado.

– Patacas, 0,44 euros / metro cadrado.

– Trigo e centeo, 0,12 euros / metro cadrado.

– Hortalizas 1 (Cenoria, repolo e nabo): 0,69 euros.

– Hortalizas 2 (tomate, berenxena, cebola, pemento, cabaciña, feixón verde, allo porro, leituga, coliflor): 1,82 euros

– Uva: 2,93 euros

– Froiteiras, 3,25 euros / metro cadrado.

Compensacións por danos do lobo

Medio Ambiente presupostou un total de 646.000 euros para compensar ás ganderías por danos de lobo. Os baremos de indemnizacións están fixados na convocatoria publicada hoxe, no Anexo I.

Este importe incrementarase nun 30 % cando afecte a gando pertencente a explotacións gandeiras dos concellos recollidos no anexo III desta orde, con maior presenza habitual do lobo (75 municipios en toda Galicia, arredor dunha cuarta parte do total). Tamén se elevarán os importes nun 10 % no caso daquelas explotacións en que se teña comprobada a aplicación de medidas preventivas fronte aos ataques do lobo, e que fosen avaliadas como axeitadas pola comisión de valoración correspondente.

No caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios producidos e acreditados. Se hai animais que sofren abortos, acreditados por un certificado veterinario, tamén se establecen compensacións.

Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2020 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 1 mes contado a partir da entrada en vigor desta orde. É requisito imprescindible que se comunicase previamente o ataque do xeito e no prazo previsto na Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2020.

Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 1 mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *