Convocadas as axudas do “Plan Renove” de maquinaria agraria 2024

O prazo para a presentación de solicitudes de axuda permanecerá aberto entre o 8 de agosto e o 15 de setembro, ambos inclusive. Este ano, as bases reguladoras foron modificadas para incorporar os equipos para o manexo de cubertas vexetais entre as máquinas subvencionables  

sementadora cuba xurro ganderia barbeiroO Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vai destinar 9,55 millóns de euros en axudas ao Plan de Renovación do Parque Nacional de Maquinaria Agraria, coñecido como “Plan Renove”, correspondente ao exercicio de 2024, o maior orzamento concedido até a data para estes plans. O prazo para a presentación de solicitudes de axuda permanecerá aberto entre o 8 de agosto e o 15 de setembro, ambos inclusive.

O “Plan Renove” 2024 conta con dúas liñas diferenciadas: unha dotada con 4,55 millóns de euros para financiar a adquisición de sementadoras de sementeira directa; e outra, con 5 millóns de euros, para o resto de maquinaria, tractores e automotrices que contempla a orde.

Se unha vez esgotado o prazo de solicitudes quedasen fondos dispoñibles en calquera das dúas liñas, poderanse utilizar para satisfacer a lista de espera.

Novidades desta convocatoria

Este ano, as bases reguladoras foron modificadas para incorporar os equipos para o manexo de cubertas vexetais entre as máquinas subvencionables. En concreto, trátase daqueles modelos de rozadoras, rodetes desbrozadores, desmalezadoras (escardadoras) e arados intercepas adecuados para este labor. Esta novidade busca facilitar a implantación das prácticas con cubertas dentro do ecorrexime “Agricultura de Carbono”, da Política Agraria Común (PAC).

O extracto da orde pola que se convocan as axudas do Plan Renove 2024 publicouse onte no Boletín Oficial do Estado. A partir de hoxe, os interesados poden ir adquirindo a máquina pola que queiran pedir subvención, inscribila no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) e realizar todos os trámites pertinentes.

O Plan Renove ten como obxectivo principal a modernización do parque de maquinaria mediante incentivos para a substitución de equipos antigos por outros novos máis axeitados para abordar os retos socioeconómicos e ambientais da agricultura. A incorporación de maquinaria moderna impulsa a sustentabilidade das explotacións agrícolas grazas a equipos máis seguros e eficientes, así como con menor impacto ambiental.

Toda a información do Plan Renove 2024 está dispoñible neste enlace da páxina Web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, onde se inclúe o acceso directo á sede electrónica para presentar a solicitude de axuda.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información