Convocadas as axudas para segunda transformación da madeira e para o contract

Publicidade
Convocadas as axudas para segunda transformación da madeira e para o contract

Descarga de madeira en serradoiro.

Administración convocante: Axencia Galega da Industria Forestal XERA

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250701/AnuncioG0520-170625-0002_gl.html

Prazo: Ata 01/08/2025

Resumo:

A Axencia Galega da Industria Forestal XERA vén de convocar as axudas para segunda transformación da madeira, orientadas a serradoiros, e para o canal contract, especializado nas instalacións de mobiliario en cadeas comerciais a nivel internacional.

A Xunta destinará nos próximos dous anos 4,4 millóns de euros, un 11% máis que na 
anterior convocatoria, para a valorización, segunda transformación e ecoinnovación de 
produtos forestais, así como para a mellora da seguridade e saúde no ámbito laboral da 
industria forestal galega e tamén do contract.

Trátase duns apois singulares, únicos a nivel estatal, que impulsa desde o ano 2018 a Axencia Galega da Industrial Forestal XERA, dependente da Consellería de Economía e Industria.

Os obxectivos desta orde de axudas pasan por poñer en valor e pechar o ciclo produtivo 
dos recursos forestais na Comunidade a través do impulso da segunda transformación, 
de maneira que se aproveitan as oportunidades que está a xerar o incremento de
 produtos derivados da madeira en diversos eidos, como o da construción.

Por iso e para 
dar resposta a dúas cuestións que afectan de xeito significativo ó subsector da 
transformacións da madeira de piñeiro, a nova orde inclúe dúas novidades: facilitar o 
acceso a estes apoios a aqueles serradoiros que superen unha capacidade máxima de 
transformación de 20.000 metros cúbicos de torada ao ano, xa que ata agora tiñan
limitado o acceso á axudas do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) en
 virtude dunha normativa europea.

En segundo lugar, inclúense axudas para afrontar as 
consecuencias provocadas pola praga do nematodo do piñeiro no sur da comunidade.

6 liñas de axuda
Así, a convocatoria aprobada esta mañá recolle seis liñas de axuda.

  • A liña 1
, Competitividade e valorización, está destinada á adquisición de novo equipamento para a
transformación de produtos de orixe forestal non alimentaria, así como para os
 procesos de secado e doutros tratamentos e acabamentos da madeira. Conta cun
 orzamento de 750.000 euros.
  • A liña 2, Mobiliario, contract e construción, facilita a compra de maquinaria nova 
vinculada ao deseño e fabricación de mobiliario e á fabricación de elementos para a 
construción. A partida reservada ascende a 750.000 euros.
  • No caso da liña 3,
 Dixitalización, resérvanse 250.000 euros para a xestión integral, dixitalización de
 procesos e sistemas para a xestión do ciclo de vida, ciberseguridade, intelixencia
 artificial ou automatización e sensorización, entre outros. Neste caso o orzamento 
reservado é de 150.000 euros.
  • No caso da liña 4, Certificacións, ensaios e informes, que conta tamén con 150.000 euros
 de orzamento, poderán solicitala aqueles que queiran implantar e certificar a cadea de 
custodia de produtos forestais, de normativas de calidade e de xestión ambiental,
informes, servizos, bens de equipamento, tecnoloxías e obras de acondicionamento
necesarios para a obtención de certificados ou selos de calidade e ambientais. Tamén
 para marcas colectivas rexistradas ou para a implantación da marcación CE de produtos
de orixe forestal, entre outros.
  • A liña 5, Seguridade e saúde na contorna laboral, está dirixida á incorporación de servizos 
para a implantación e certificación do estándar ISO 45001 – xestión da seguridade e 
saúde no traballo- ou medidas para reducir os riscos de orixe e propagación de incendios,
para o que conta cunha partida de 400.000 euros.
  • E, finalmente, a liña 6, Ecoinnovación, 
está dirixida ao ecodeseño de produtos ou materiais con madeira, a implantación de 
solucións de economía circular, así como a introducir ferramentas que permitan analizar 
diferentes aspectos ambientais nas fases do ciclo de vida. O orzamento desta liña rolda 
os 150.000 euros.

Beneficiarios e apoios
En canto aos beneficiarios, a convocatoria está dirixida principalmente ás 
pemes do sector forestal-madeira, así como ás asociacións da cadea de valor e 
empresas que presten servizos de transporte de mercadorías por estrada no caso da 
liña 3, e de pemes de calquera sector que desenvolvan solucións ecoinnovativas con 
madeira, no caso de solicitar apoios no marco da liña 6.

E no que respecta á intensidade das axudas, esta será do 50 % ata un máximo de 60.000
euros en todas as liñas, agás no caso de actuacións encadradas nas liñas 1 e 2, que será 
de 250.000 euros.

Ademais, os apoios poderán ser do 70 % no caso da liña 3 se a 
actuación consome servizos web da Xunta ou se se trata de proxectos que empreguen a
 ferramenta gratuíta de rastrexabilidade FORTRA.

Estas achegas están enmarcadas dentro dos obxectivos da Axenda de impulso da 
industria forestal-madeira, deseñada conxuntamente cos principais axentes do sector 
para potenciar o sector e impulsar a bioeconomía como motor de competitividade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información