Convocadas as axudas para prevención e indemnización de danos da fauna salvaxe

Publicidade
Convocadas as axudas para prevención e indemnización de danos da fauna salvaxe

Gando defendido por mastín. / Imaxe: Ovica.

Administración convocante: Consellería de Medio Ambiente

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2020/20200207/Secciones1_gl.html

Prazo:

Resumo:

Medio Ambiente publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) tódalas liñas de axudas previstas para apoiar a prevención de danos da fauna salvaxe e para indemnizar os mesmos cando se produzan. Detallamos a continuación as distintas liñas.

Prevención de danos do lobo no gando e do xabarín no agro


Beneficiarios:
Poderán acollerse a estas axudas tanto explotacións profesionais como de autoconsumo.

Obxecto e financiación

– Apoiar a compra de cans de defensa do gando fronte ó lobo, pastores eléctricos e cerrumes de malla móbil electrificada. Estes tres apartados contarán con 150.000 euros de financiación.

– Adquisición e instalación de valados fixos fronte ó lobo (80.000 euros).

– Adquisición de pastores eléctricos para protección contra o xabarín (120.000 euros).

Prazo de solicitude: ata o 9 de marzo.

Consulta a axuda no DOG.

Indemnizacións por danos de lobo

Persoas beneficiarias: explotacións gandeiras, con cobertura para danos en cabezas de vacún, ovino, caprino, porco celta, cabalos, burros e mulas.

Contía: Medio Ambiente consignou unha partida de 400.000 euros. O importe das axudas por tipo de gando detállase no Anexo I da orde, sendo un 30% maior no caso de 75 Concellos nos que se ten constatada maior incidencia de danos (Anexo III) e dun 10% adicional se se demostra que as ganderías tiñan medidas de protección implantadas.

Prazo:
1 mes desde a comunicación do ataque. Para os danos producidos desde o 1 de outubro do 2019 ata a data de hoxe, o prazo remata o 9 de marzo.

Consulta a axuda no DOG.

Indemnizacións por danos do xabarín

Beneficiarios: explotacións agrarias profesionais e de autoconsumo.

Contías. O importe asignado é de 2,4 millóns de euros. Cada persoa beneficiada poderá recibir un máximo de 1.700 euros.

Medio Ambiente estableceu un baremo de pago por tipo de cultivo. Así, para millo forraxeiro pagaranse 25 céntimos por metro cadrado afectado, 16 no caso do millo en gran, e para pradería, trigo e centeo serán 12 céntimos por metro. Patacas (0,44 euros), froiteiras (3,25), uva (2,93) e hortícolas completan a lista.

En hortícolas, pagarase 0,69 euros por metro de cenoria, repolo e nabo e 1,82 por coliflor, tomate, berenxena, cabaciña, cebola, feixón verde, leituga, pemento e allo porro).

Prazo de presentación: O agricultor afectado ten un prazo de 72 horas para comunicar o dano ó teléfono 012 desde que se produce. Despois da chamada ó 012, ten un mes de prazo para presentar a solicitude de indemnización. Para os afectados que comunicaran o dano ó teléfono 012 desde o 11 de outubro do 2019 ata o día de hoxe, o prazo para tramitar a petición de axuda remata o 9 de marzo.

Consulta a axuda no DOG.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *