Convocadas as axudas para prevención de lumes en montes veciñais

Publicidade
Convocadas as axudas para prevención de lumes en montes veciñais

Cortalumes en monte. / Arquivo.

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210216/AnuncioG0426-020221-0006_gl.html

Prazo: Ata 16/03/2021

Resumo:

A Consellería do Medio Rural vén de convocar as axudas para prevención de incendios forestais en montes veciñais e Sociedades de Fomento Forestal (Sofor). A convocatoria, igual que o pasado ano, é de carácter bianual. Para este ano destínanse 400.000 euros e para o 2022 un total de 3,6 millóns de euros.

As achegas, cofinanciadas por fondos europeos, contan con dúas liñas, unha para control do combustible forestal e outra para construción de puntos de auga. A primeira liña é a que centra a maior parte dos fondos, con 3,3 millóns de euros. Oriéntase a subvencionar o control do mato en devasas, faixas auxiliares de pistas e rexenerados naturais, así como a facer rozas de penetración, rareos e eliminación de restos de entrefaixas de masas forestais. O obxectivo é crear descontinuidades horizontais e verticais de combustible, a fin de reducir a velocidade de propagación de posibles incendios.

A segunda liña de apoios, dirixida a construír puntos de auga, conta con 670.000 euros. Subvencionaranse puntos de auga colocados en zonas estratéxicas para a defensa de núcleos de poboación e das masas forestais.

As solicitudes poden presentarse desde hoxe ata o 16 de marzo.

Una idea sobre “Convocadas as axudas para prevención de lumes en montes veciñais

  1. Fina

    Boas . Oxe , quero deixar un comentario sobre os montes comunais do municipio de Ourol ( San Pantaleón de Cabanas , O Foxo etc ) Fae anos que andan co deslinde , pero non acaban nunca , estes montes están abandoados pola comunidade de montes , solo ai maleza e toxos , pois non limpian , non fan carreiros pra evitar o lume , total que non fan nada de nada nin deixan facer . Un saudo a voa xente .

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información