Convocadas as axudas para a plantación de castiñeiros e recuperación de soutos tradicionais

Convocadas as axudas para a plantación de castiñeiros e recuperación de soutos tradicionais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da nova orde de axudas da Consellería do Medio Rural para o fomento de plantación de castiñeiros e recuperación de soutos tradicionais para este ano 2023.

Esta convocatoria enmárcase no Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña, que se engloba dentro da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”.

Deste xeito, o orzamento total para esta convocatoria é de 3.586.748 euros, financiados cos fondos europeos NextGenerationEU, que se repartirán entre os anos 2023 e 2024 e se distribuirán en dúas liñas de actuación.

A primeira refírese ao fomento de plantación de castiñeiro para froito, atendendo tanto ao relativo aos gastos de plantación forestal, como ao tratamento da vexetación preexistente. Mentres tanto, a segunda liña destinarase a todo aquilo relacionado á rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, ademais de ás actuacións silvícolas ou as rozas.

Ambas liñas inclúen tamén as infraestruturas de acompañamento, obras complementarias ou os honorarios de redacción do proxecto técnico.

Estas axudas están destinadas a diferentes clasificacións de terreos: forestal, pasto con arboredo, pasto arbustivo, pasteiro, froiteiras e terras arables.

Poderán ser beneficiarias destas achegas as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores dos montes ou terreos forestais e/ou dos seus aproveitamentos.

Asemade, poderanse beneficiar as agrupacións forestais de xestión conxunta, incluídas as sociedades de fomento forestal (Sofor), que estean inscritas nos rexistros pertinentes, e os axentes promotores produtivos que, ao abeiro
do establecido na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, sexan adxudicatarios de propostas de actuación en polígonos agroforestais. Tamén poden ser beneficiarias aquelas persoas con propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas a aldeas modelo. Así mesmo, as persoas e colectivos titulares dos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, e das comunidades de montes veciñais en man común.

O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; é dicir, ata finais de marzo.

Enlace á orde de axudas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información