Convocadas as axudas para desenvolver produtos e obras realizadas en madeira

A Axencia Galega da Industria Forestal, entidade adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria, ven de convocar as axudas para o desenvolvemento de produtos, proxectos e obras realizados con madeira.

Liñas de apoio: 

Estas achegas, en réxime de concorrencia non competitiva, contemplan as seguintes liñas de apoio:

– Liña 1.1 (código de procedemento IN502B): axudas á redacción de proxectos de execución de construción nova, rehabilitación ou reforma de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

– Liña 1.2 (código de procedemento IN502C): axudas a proxectos para o desenvolvemento de envases, embalaxes ou publicidade no lugar de venda (expositores PLV) realizados con madeira.

– Liña 1.3 (código de procedemento IN502D): axudas á redacción de proxectos de execución de novas vivendas unifamiliares ou de rehabilitación ou reconstrución de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

-Liña 2 (código de procedemento IN502E): axudas á realización de obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais ou de negocio con produtos de madeira.

En canto ao importe das axudas será:

a) Liña 1.1:
O importe máximo da subvención será do 80 % do custo dos honorarios técnicos de redacción dos proxectos, sen superar en ningún caso os 25.600 euros.

b) Liña 1.2:
O importe máximo da subvención será ata do 80 % do proxecto para o desenvolvemento de envases, embalaxes ou PLV, incluídos, se é o caso, os custos de ensaios ou verificacións, así como a fabricación, sen superar en ningún caso os 12.000 euros.

c) Liña 1.3:
O importe máximo da subvención será do 80 % do custo dos honorarios técnicos de redacción dos proxectos básico e de execución, sen superar en ningún caso os 16.000 euros.

d) Liña 2:
O importe máximo da subvención será do 80 % do investimento subvencionable, sen superar en ningún caso os 20.000 euros.

Persoas e entidades beneficiarias:

Poderán ter a condición de beneficiarias nas correspondentes convocatorias anuais destas axudas:

– Para as liñas 1.1, 1.2 e 2: empresas e organismos intermedios.
Para os efectos destas bases, considerarase empresa calquera entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que desenvolvan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, as sociedades de persoas e as asociacións que desenvolvan unha actividade económica de forma regular.

Para os efectos destas bases, entenderase como organismo intermedio as organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio ás pemes e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.

– Para a liña 1.3: persoas físicas.

Orzamento:

As axudas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias que se sinalan no cadro seguinte con cargo aos orzamentos da Axencia Galega da Industria Forestal:

axudas desenvolvemento produtos forestal

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria e permanecerá aberta ata o 30 de setembro de 2020, ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esta data.

Consulta aquí a orde de axudas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información