Convocadas as axudas para a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destas axudas que se subdividen en dúas liñas centradas na creación de novas agrupacións, con ou sen base territorial, e no apoio ás xa existentes. Galicia conta con 24 agrupacións rexistradas, que abranguen unha superficie total de 3.145 hectáreas mediante a reunión de 9.250 parcelas e 925 persoas socias, cinco delas de recente creación

Publicidade

monte_cedeira_capelada_reforestaci%c2%a2n_pinus_radiata_standarO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta, cun orzamento bianualizado de 1,4 millóns de euros financiados con fondos europeos NextGenerationEU. O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles para a primeira liña e 30 días hábiles para a segunda, contando a partir deste mércores 9 de abril.

Estas achegas subdivídense en dúas liñas. A primeira está centrada na creación de novas agrupacións forestais de xestión conxunta, con ou sen base territorial. Poderán solicitar estas axudas asociacións sen ánimo de lucro constituídas para o asesoramento de persoas propietarias ou titulares dos dereitos de aproveitamento de terreos ou as entidades que teñan por obxecto a recuperación de terras forestas de xeito conxunto; así como sociedades e cooperativas. Neste sentido, serán subvencionables as actuacións relacionadas coa identificación da iniciativa e os gastos de tramitación e inscrición, entre outros.

A segunda destas liñas está destinada de xeito específico para apoiar ás agrupacións xa existentes e que estean inscritas no rexistro oficial de agrupacións forestais de xestión conxunta. A través destas axudas poderán subvencionarse cuestións como a revisión do parcelario e o estado das parcelas, a investigación da titularidade das parcelas que supoñan unha ampliación das agrupacións ou a incorporación de servizos ecosistémicos.

Actualmente, Galicia conta con 24 agrupacións rexistradas, que abranguen unha superficie total de 3.145 hectáreas mediante a reunión de 9.250 parcelas e 925 persoas socias, cinco delas de recente creación.

Esta iniciativa está aliñada coa primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040, “Cara á neutralidade carbónica”, que se estrutura en distintos eixos estratéxicos de intervención para o deseño e execución da política forestal galega.

Ligazón á resolución no DOG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información