
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se establecen as bases reguladoras das achegas ás organizacións profesionais e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, que neste 2025 contan cun orzamento de 700.000 euros, un 16 % máis con respecto á convocatoria anterior.
Estas axudas teñen como obxectivo financiar os gastos de realización de actividades de representación e de formación das organizacións profesionais agrarias, legalmente constituídas e con implantación en Galicia, e dos agricultores en xerais.
As axudas cubrirán os gastos de funcións ordinarias de xestión interna; de fomento do asociacionismo agrario; de representación perante as institucións ou de participación nos órganos colexiados constituídos pola Administración galega para a defensa dos intereses dos seus representados, como poden ser mesas ou comisións. Ademais, a través desta partida poderanse financiar a formación dos asociados e dos seus familiares en actividades agrarias ou no sector agroalimentario, así como actividades de fomento do asociacionismo agrario.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir de mañá, día seguinte á publicación desta orde no DOG.
Galego





Control OJD