Convocadas as axudas da Xunta para investimentos no sector vitivinícola

Publicidade
Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191216/AnuncioG0426-041219-0002_gl.html

Prazo: Ata 31/01/2020

Resumo:

A Consellería do Medio Rural publica este luns no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o ano 2020.

Poderán ser beneficiarias destas axudas: as empresas vitivinícolas, as organizacións de produtores vitivinícolas, as asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica ou as organizacións interprofesionais.

Para a concesión das axudas convocadas destinarase un crédito máximo total de 3.570.000 euros dos orzamentos de 2020 e 2021. As axudas cubrirán ate o 40% do investimento.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comeza o día seguinte ao de publicación desta orde e remata o 31 de xaneiro de 2020.

Máis información na nesta ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191216/AnuncioG0426-041219-0002_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información