Convocadas as axudas da Fundación “la Caixa” para proxectos sociais no medio rural

A Fundación “la Caixa” acaba de convocar unha nova edición do seu programa de axudas “Fortalecer a vida no mundo rural”. Esta convocatoria está contemplada como unha presentación de proxectos por fases, a primeira finaliza o día 4 de maio e a segunda parte do proxecto vai do 23 de xuño ao 20 de xullo.

As axudas teñen como finalidade promover proxectos no medio rural, adaptados ás súas características territoriais e necesidades sociais, para mellorar as condicións de vida e xerar oportunidades para as familias, a infancia e a adolescencia, as mulleres, as persoas maiores e as persoas en risco de exclusión social.

Os ámbitos de actuación aos que se deben dirixir os proxectos que se presenten a estas axudas son:

-Infancia e mocidade.

-Autonomía persoal e atención ao envellecemento, á discapacidade e á enfermidade.

-Desenvolvemento sociolaboral.

-Comunidade local e cohesión social.

Accede aquí a toda a información sobre o programa de ayuudas da fundación “la Caixa” “Fortalecer a vida no mundo rural”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información