Convocadas as axudas da Axencia Galega da Industria Forestal para a cadea monte – madeira

Fixan as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Convocadas as axudas da Axencia Galega da Industria Forestal para a cadea monte – madeira

Administración convocante: Axencia Galega da Industria Forestal

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250226/AnuncioG0520-170225-0001_gl.html

Prazo: Ata 26/03/2025

Resumo:

Abren a convocatoria de axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027.

A convocatoria, a cargo da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, establece que poderán ser persoas beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas (peme) do sector forestal radicadas en Galicia. Fíxanse cinco liñas liñas para as subvencións. Unha delas, centrada na xestión forestal activa, outra na madeira e biomasa, a terceira na castaña e resina, a cuarta no valor engadido na primeira transformación da madeira e, finalmente, na medición, rastrexabilidade e caracterización da madeira obxecto de aproveitamento. En cada unha delas fíxanse os equipos que serán financiados dentro da convocatoria.

Cada persoa solicitante só poderá presentar unha solicitude de axuda e esta só poderá dirixirse a unha única liña de axudas. A axuda máxima limitarase por solicitante aos 200.000 euros para as liñas 1 e 4; 50.000 euros para a liña 5 e 160.000 euros para as liñas 2 e 3.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O prazo máximo para presentar a xustificación das actividades subvencionadas finalizará o 15 de outubro de 2025 para a primeira anualidade, e para a segunda, o 30 de xuño de 2026.

Consulta toda a información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información