Convocadas as axudas a cooperativas para o uso de instalacións e equipamentos en común

Convocadas as axudas a cooperativas para o uso de instalacións e equipamentos en común

Centro de recría en común da cooperativa Gandeiros de Xallas e Barcala.

A Consellería do Medio Rural achega na un total de 6 millóns de euros na convocatoria deste ano das axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo.

Así se recolle na orde de axudas publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG). O orzamento supón un incremento do 112,5% en relación coas axudas concedidas na última convocatoria de 2016, que ascenderon a 2,8 millóns de euros.

Entre os proxectos que poderán ser subvencionados atópanse almacéns para maquinaria ou materias primas, naves para diverso tipo de gando e instalacións que melloran os labores propios das explotacións. Os beneficiarios serán as cooperativas agrarias.

O principal obxectivo destas axudas é o de acometer proxectos de carácter agropecuario de explotación conxunta polos socios de entidades asociativas que teñan un marcado carácter innovador ou de introdución de novas tecnoloxías. Trátase tamén de fomentar a incorporación de novos procesos ou de obtención de novos produtos que contribúan a diversificar a actividade principal das entidades ou a introducir actuacións de apoio complementarias á actividade dos socios.

Ligazón á orde de axudas. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información