Convocadas as axudas do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Comarca de Lugo

O Grupo de Desenvolvemento Rural Comarca de Lugo xestionará máis de medio millón de euros para iniciativas do seu territorio. As persoas interesadas de Rábade, Friol, Outeiro de Rei, O Corgo, Castroverde, Guntín e Lugo (rural) teñen ata o 31 de xaneiro para optar a elas

Publicidade
Convocadas as axudas do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Comarca de Lugo

A xunta directiva durante o acto polo que se votou o reparto de fondos. Fonte: GDR Comarca de Lugo

Administración convocante:

Enlace axuda:

Prazo:

Resumo:

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Comarca de Lugo recibiu un total de 566.989,26 euros para contribuír ao desenvolvemento de proxectos dentro da convocatoria Leader. Dos fondos aportados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), o 79,25% destinarase a iniciativas produtivas, e a porcentaxe restante a non produtivas. En ambos casos deberanse levar a cabo en Rábade, Friol, Outeiro de Rei, O Corgo, Castroverde, Guntín e Lugo (rural). O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 31 deste mes.

Deste 20,75%, “o 17,64%, 100.000,00 euros, destinarase ao apoio de proxectos non produtivos que impulsen entidades públicas, mentres que o 3,11% restante, 17.650,00 euros, irá destinado a axudar a custear iniciativas non produtivas postas en marcha por entidades privadas”, aclaran desde a xunta directiva do GDR.

“A entidade tamén recibiu fondos de Agader para participar en dous proxectos de cooperación con outros GDR de Galicia. Así, intégrase na Rede de Ecocomedores para a anualidade 2023, que busca adaptar o menú do comedor dos centros educativos ás novas recomendacións sanitarias, e na iniciativa ‘Ordenación territorial da terra agraria a través do sistema de permutas’ no que o GDR Comarca de Lugo será o coordinador do devandito proxecto dada a súa experiencia na xestión de permutas no Concello de Friol”, amplían.

Este proxecto busca poñer en práctica en tres zonas piloto, con características diferentes, o procedemento de ‘Ordenación da terra agraria a través do sistema de permutas’. Isto permite avaliar a súa aptitude para aplicalo en zonas nas cales non existen problemas nin de identificación da titularidade do parcelario, nin necesidade de máis infraestrutura viaria, co fin de mellorar a produtividade das explotacións existentes ou fomentar o nacemento de novas iniciativas.

3 ideas sobre “Convocadas as axudas do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Comarca de Lugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información