Convocada a adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación agroforestal

Convocada a adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación agroforestal

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) á que están adscritos os Centros de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) acaba de convocar as bases para a adxudicación das prazas de residencia e comedor que ofertan os CFEA Pedro Murias de Ribadeo (Lugo), Sergude (Boqueixón, A Coruña), Lourizán (Pontevedra) e Becerreá (Lugo).

Na resolución, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, establécense as bases reguladoras para lograr praza para o presente curso escolar 2020/21. En concreto ofértanse 84 prazas de pensión completa e 70 de comedor, só para o xantar. Por centros, as prazas de residencia, que inclúen o uso dun cuarto e aseo compartido e o dereito a almorzo, xantar e cea, repártense entre o CFEA de Lourizán (32) e o de Sergude (52 prazas).

No caso das prazas de comedor, os alumnos terán dereito ó xantar durante todo o curso de luns a venres, tódolos días lectivos. O CFEA Lourizán oferta 28 prazas, o CFEA Pedro Murias conta con 20 e o CFEA de Becerreá dispón de 22 prazas.

O alumnado interesado en optar a algunha destas prazas poderá tramitar a solicitude por vía electrónica a través do  formulario dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Tamén poderán presentar as solicitudes nas secretarías dos CFEA. As solicitudes deben remitirse antes do vindeiro luns, día 5 de outubro.

Para a adxudicación da prazas, no caso de presentarse máis solicitudes que ofertas, levarase a cabo un proceso de selección entre os solicitantes que cumpran os requisitos no que tamén se terán en conta criterios como o rendemento académico do último curso, a renda familiar ou a situación familiar dos demandantes.

-Consulta aquí as bases da convocatoria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información