Convenio da Fundación Arume coa Consellería de Economía para a dinamización do sector da madeira

Publicidade
Convenio da Fundación Arume coa Consellería de Economía para a dinamización do sector da madeira

O director de XERA, Alfredo Fernández (esquerda), coa conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, e o presidente da Fundación Arume, Xosé Mera.

O presidente do Padroado da Fundación Arume, Xosé Mera, vén de asinar un convenio de colaboración coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana. O acordo permitiralle a Arume desenvolver accións de dinamización e promoción do sector da madeira por medio de encontros, xornadas e material divulgativo.

A través deste convenio, cofinanciarase o evento Piñeiros 25, que se desenvolverá este ano o 28 de outubro na Cidade da Cultura, con dúas xornadas técnicas complementarias o 30 de outubro no Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra) e en Casa RIA (Santiago de Compostela).

Desde a Fundación Arume, o seu presidente, Xosé Mera, expresoulle o agradecento pola colaboración tanto á conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, como ó director de XERA Axencia Galega da Industria Forestal, Alfredo Fernández Ríos.

Por parte da Consellería, Lorenzana destacou que o forestal representa o 12 % do emprego industrial en Galicia e o 2 % do emprego total da comunidade, cunha facturación que supera os 2.400 millóns de euros anuais e con preto de 3.000 empresas distribuídas por toda a xeografía galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información