A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Convenio colaborativo entre Ucoga e Galicia Business School

Convenio colaborativo entre Ucoga e Galicia Business School

Sinatura do convenio entre Ucoga e Galicia Business School.

A correduría de seguros Ucoga vén de asinar un acordo colaborativo con Galicia Business School, unha escola de negocios referente na comunidade. O acordo permitirá que o persoal de Ucoga e do seu entorno cooperativo poida ter acceso a formación de primeiro nivel.

Os programas de aprendizaxe de Galicia Businees School baséanse en clases prácticas e de experiencias, impartidas por profesionais de empresa en activo que trasladan ás aulas a súa experiencia.

Ucoga subliña que o convenio con esta entidade afonda na súa aposta pola innovación e a formación. “Estes atributos consolidan un equipo humano de gran valor, que foi o que conseguiu posicionar a Ucoga como unha marca de gran valor”, conclúen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *