A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Control de pragas e malas herbas en millo: a estratexia de Kenogard

Kenogard consolida o seu catálogo de insecticidas e herbicidas para mellorar o manexo do cultivo; solucións dispoñibles e recomendacións a ter en conta

Control de pragas e malas herbas en millo: a estratexia de Kenogard

Parcela de millo con control de malas herbas. / Imaxe: Kenogard.

Kenogard segue apostando por incorporar novidades aos seus catálogos de cultivos extensivos. Neste espírito de mellora, continúa traballando e reforzando o seu catálogo de solucións para millo, tanto insecticidas como herbicidas.

Control de pragas en millo

Kenotrin® Geo é un insecticida dirixido ao control de pragas de solo como vermes grises (rosquillas, agrotis) e vermes de arame e brancos. Caracterízase polo seu forte efecto de choque e persistencia en chan, actúa por contacto e inxestión, e exercendo un efecto barreira de protección da semente, pois presenta unha importante acción repelente.

Kenotrin® Geo formúlase como un microgránulo de tamaño homoxéneo e con ausencia de po, coa tecnoloxía ‘G Plus’, que actúa como protección do produto e que modula a súa liberación ao medio.

Imaxe dun saco de Kenotrin Geo

Imaxe dun saco de Kenotrin Geo

Esta formulación permite combinar a rapidez de acción xunto cunha adecuada persistencia no chan, incrementando o período de protección do cultivo. Kenotrin® Geo está autorizado en cultivos como millo e pataca, entre outros, a unha dose de 10-15 kg/ha, estando recomendada a súa aplicación no momento da sementeira. Unha vez en solo, o produto caracterízase pola súa baixa solubilidade, non véndose afectado por posibles lavados de choivas.

Aplicacións foliares

Ao longo do cultivo, pode ser recomendable realizar posteriores aplicacións insecticidas por vía foliar para protexer o cultivo de posibles afeccións de diversas pragas como pulgóns e cicadélidos (vectores de viroses) e orugas, que en distintos momentos poden atacar ao millo emerxendo (Agrotis), perforando os talos (Ostrinia, Sesamia), as follas (Mythimna) ou o ataque a espigas (Heliothis e outras orugas).

Para iso, Kenogard propón como opción preferente o uso de KenoTrin® 10 Prol, formulado microencapsulado de alta calidade para aplicación foliar. A microencapsulación do insecticida proporciona unhas vantaxes fronte ao uso doutro tipo de produtos. As microcápsulas son estables no medio líquido; unha vez se seca a aplicación, libérase o ingrediente activo e adhírese á folla e/ou á cutícula do insecto, proporcionando unha maior persistencia e menor lavado por choiva.

Ao longo do cultivo, de ser preciso, poden realizarse aplicacións insecticidas en combinación cos herbicidas de postemerxencia

Este tipo de tratamentos realízanse principalmente en mestura cos herbicidas de postemerxencia temperá, aproveitando a entrada á leira para a súa aplicación.

Control de malas herbas en millo

O control de malas herbas en millo é un aspecto decisivo no manexo e rendemento do cultivo, de cara a evitar a competencia destas, e por tanto optimizar a futura colleita.

Kenogard S.A. dispón dun amplo catálogo de herbicidas autorizados no cultivo, que permiten adaptar a mellor combinación de materias activas ás necesidades de cada agricultor e cada parcela.

Para un control eficaz das malas herbas emerxidas recoméndase a aplicación de Herbikon®, herbicida que combina 3 sustancias activas (Dicamba, Nicosulfuron e Rimsulfuron) con modos de acción complementarios, asegurando un alto control tanto de malas herbas gramíneas como de folla ancha.

Outra posible solución é Kingsley®, herbicida sistémico en forma de gránulos solubles en auga (SG), que está composto por dúas materias activas: nicosulfuron e dicamba. Dúas materias activas con modos de acción diferentes e complementarios que demostraron un excelente efecto sinérxico, ademais de asegurar unha adecuado manexo e prevención da aparición de resistencias.

Envase de Kingsley.

Envase de Kingsley.

A combinación destas dúas materias activas complementarias fai que Kingsley® teña un amplo espectro de acción no control de malas herbas en aplicacións postemerxencia, actuando sobre gramíneas e dicotiledóneas anuais, bianuais e perennes.

Recoméndase aplicar Kinsley® a 250g/ha xunto cun aceite vexetal de efecto mollante como Chidor®, á dose de 3 l/ha., aplicando coas malas herbas en crecemento activo, co millo en estado de 2 a 8 follas e asegurando un volume de caldo entre 100 e 400 litros/hectárea.

Opcións adicionais
En caso necesario, pódese establecer un programa de tratamentos xunto con outros herbicidas de Kenogard para reforzar a eficacia ou control dalgunhas malas herbas concretas ou de difícil control. Neste caso, nos ensaios de campo de Kenogard demostrouse que un programa de tratamento xunto con MesoGard® a 1,0 litros / hectárea poden dar un control máis consistente en caso de dicotiledóneas problemáticas ou presenza de ciperáceas.

Ademais de Kingsley®, Kenogard tamén dispón de Untai® Xtra, produto a base de s-metolacloro, que xunto con outros herbicidas do catálogo, como Redier®, Shiver® ou Oceal® -aplicados sos ou combinados en función das malas herbas presentes-, son unha excelente solución aos problemas de malas herbas que afectan a rendibilidade do cultivo de millo, facilitando o uso de diferentes familias químicas e reducindo os posibles riscos de aparición de resistencias

Kingsley® – Espectro de acción e Sinerxía

Gráfica sobre espectro de acción e sinerxias de Kingsley

Gráfica sobre espectro de acción e sinerxias de Kingsley

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *