A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Control da mamite subclínica en vacún de leite

A mastite é un cambio inflamatorio da glándula mamaria que unido a cambios físicos, químicos e microbiolóxicos, caracterízase por un incremento en células somáticas e por cambios patolóxicos no tecido mamario. Este proceso comeza como resultado da penetración de bacterias patóxenas a través da canle do teto cara ao interior da glándula, producindo infección dos condutos e tecido secretorio.

A mastite clasificouse de diversas formas, considerando numerosos factores, tales como: duración do proceso, aparencia clínica e etioloxía, curso, severidade e diseminación da enfermidade. Tendo en conta os diversos significados aplicados a este termo, a clasificación máis xeneralizada realízase de acordo co grao de inflamación segundo o curso ou severidade.

A mastite subclínica é sutil e difícil de corrixir. A vaca parece saudable, o ubre non mostra ningún signo de inflamación e o leite parece normal, sen que se aprecien cambios organolépticos no mesmo. Neste caso, a dor e a inflamación non se detectan observando o ubre. O número de células somáticas no leite, indicativo da resposta inflamatoria , atópase elevado, do mesmo xeito que o número de bacterias, o que vai acompañado dunha diminución do nivel de produción da secreción láctea, así como da alteración da composición do devandito produto.

Este constitúe o tipo de mastite máis importante porque é máis común que a mastite clínica, normalmente precédea e comunmente é de longa duración. É difícil de detectar, reduce drasticamente a produción de leite, afecta adversamente á calidade do leite e pode servir como un reservorio para infectar a outros animais no rabaño leiteiro. Ademais, o uso de antibióticos na súa resolución é unha estratexia que non se realiza nunca pois habería que retirar o leite os días necesarios do período de retirada de cada quimioterápico, ademais de ser difícil de xustificar desde o punto de vista legal e socio-económico.

Medidas a adoptar:

-En explotacións que conten con control leiteiro, utilizar o informe mensual de vacas cun Reconto de Células Somáticas (RCS) superior a 200 (x 1000). Facer labor de “sesgo” tratando de eliminar vacas da lista, que sabemos positivamente que o seu elevado RCS non provén dun status mamario (Ex.: Dermatite interpodal, metrite crónica, acidose metabólica, e en xeral calquera afección sistémica non relacionada cos tetos etc..).

-Tamén de forma sistemática deberíanse de tratar as xovencas primerizas, unha semana antes do primeiro parto. O obxectivo, é evitar que o animal pase a fase clínica, evitando as perdas subseguintes a unha mastite clínica repetida no tempo. Estes animais, xa en control leiteiro, pasan a ser vixiados como o resto do rabaño.

-En calquera caso, debe ser tratado todo animal sospeitoso, a xuízo do veterinario clínico ou do propietario da explotación, de poder estar nunha fase subclínica de afección mamaria.

Un exemplo práctico:

A nivel práctico, presentamos un caso de control de mamite subclínica en Galicia, baseado en control inicial de células somáticas.

Na explotación de D. Marcos António Torres Mourelle, sita en Cabana de Bergantiños, cunhas 100 vacas en muxido, e 180 animais en total, indícaselle ao gandeiro que no momento do secado non utilice ningún tipo de antibióticos, e soamente proceda ao tratamento tópico dos tetos cun sellador a baseo de iodo. Tras o protocolo, recóllense mostras de leite ás vacas unha vez paridas, e lévaselles a cabo o control leiteiro, resultando os valores en células somáticas que se indican no cadro nº 1. Como se pode observar, hai animais desde 400.000 células somáticas até máis de oito millóns, sen que se poidan observar outros síntomas a nivel clínico na explotación.

ADIBIO MASTITIS SUBCLINICA 1

Vistos estes resultados, decídese aplicar un bolo “Prevent Bolus Mamitis”, a cada vaca, continuando co manexo convencional de recollida de leite diario.

28 días despois, vólvese realizar unha analítica de células somáticas nos mesmos animais, e pódese observar a evolución dos mesmos no cadro nº 2, onde podemos constatar a redución das células somáticas en 18 dos 21 animais tratados (85,7 % do total), tendo este tres animais outras patoloxías ademais de problemas nos ubres.

ADIBIO MASTITIS SUBCLINICA 2

As porcentaxes de redución do número de células somáticas oscila entre o 0,25 %, e o 94,63 %, estando 12 dos 21 animais tratados por baixo dos límites marcados pola central de recollida como normais.

Segundo o encargado da explotación, esta redución supuxo un aumento duns 500 litros de leite ao día, que supón unha diferenza de máis de 15.000 litros ao mes, que non tivo que tirar, e por tanto un incremento nos ingresos moi considerable.

Conclusión:

O uso de “Prevent Bolus Mastitis” en animais con alta cantidade de células somáticas procedentes de inflamacións no ubre, reduce considerablemente a cantidade de células en leite, permitindo ao gandeiro entrar en límites normais, sen necesidade de refugar o leite producido durante o período de tratamento dos animais.

Máis información:

abelardo.lopez@tervalis.com
Tlef:  610 240 387

Servizo Veterinario Adibio – Fertinagro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *