A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Control absoluto da saúde do ubre con GAV-ALLFEED®

GAV-ALLFEED® SL, leva máis de 10 anos aplicando os seus protocolos sobre a sanidade do ubre, coa utilización de solucións de tratamento externo que evitan os inconvintes das aplicacións intramamarias. Coñecemos como funcionan e as recomendacións para cada fase da lactación

fefriga vacas ubresA empresa GAV-ALLFEED® SL, dedicada á nutrición animal, á xenética bovina e ao deseño de protocolos sanitarios en base a naturopatía desenvolveu unha serie de produtos específicos para o ubre  que permiten un control na fase de secado da lactación sen cánulas intramamarias, sen secado selectivo, sen tapóns farmacolóxicos e sen período de supresión. 

En concreto, trátase de GAV- ALLFEED® LACTOMINT SPRAYGEL PLUS,  unha mestura líquida de principios acxtivos seleccionados para o coidado dos ubres a base de aceites esenciais con actividade biolóxica antiinflamatoria, calmante, relaxante e analxésica, mentres que GAV- ALLFEED® CDDIPP FORTE é un produto con actividade biolóxica antiséptica e potenciadora da oxitocina. 

O modo de emprego consiste en mesturar ambos produtos a razón de 20:1 e aplicar 2 veces ao día, despois do muxido, no ubre afectado, durante entre 3 e 10 días. Non é ncesario o masaxeo do ubre despois da aplicación, xa que os produtos están deseñados para que a súa absorción se realice de maneira lenta e natural. No caso de mastites graves ou nos primeiros muxidos de primeirizas, pódese aplicar uns 3 ou 4 minutos antes do muxido para facilitar o mesmo.  

Os efectos nótanse xa no seguinte muxido, aumentando considerablemente a descarga e baleirado cisternal e alveolar. Coñecemos máis sobre estes tratamentos da man dos seus creadores.

imagen lactomint + cddipp gav allfeed

– Que vantaxes achegan este tipo de tratamentos?
– O deseño dos produtos para sanidade do ubre en base a principios activos de naturopatía, investigados e desenvolvidos por GAV- ALLFEED®, teñen unha grande eficacia e permiten unha aplicación cómoda e rendible para o gandeiro.

O tratamento baséase na aplicación rápida e sinxela de GAV- ALLFEED® LACTOMINT SPRAYGEL PLUS mesturado con GAV- ALLFEED® CDDIPP FORTE, de gran efectividade mediante a sinerxia dos principios activos destes 2 produtos, que se aplican de forma rápida e segura, sen contraindicacións, sen períodos de supresión, residuos en leite nin prescricións veterinarias.

A aplicación dos tratamentos non require de período de supresión, evitando perdas económicas ás ganderías

Todo o leite producido durante a aplicación da mestura GAV- ALLFEED® LACTOMINT SPRAYGEL PLUS e GAV- ALLFEED® CDDIPP FORTE, é apta para consumo. É dicir, todo o leite producido non se separa, senón que vai ao tanque de muxido, evitando perdas económicas ás ganderías, ademais de facilitar o manexo durante as tarefas de muxido Iso si, sempre e cando a calidade do leite muxido sexa apta. .

– Son tratamentos externos e, por tanto, menos invasivos tamén para os animais
– Si, as nosas solucións están baseadas na aplicación externa de absorción transdérmica dos produtos GAV- ALLFEED®, evitando os inconvintes das aplicacións intramamarias, sen necesidade de masaxeo, con resultados en moitos casos visibles para o gandeiro en cuestión de minutos.

Mellora a sanidade do ubre individual e de rabaño, lactación a lactación, e a vida útil dos animais da explotación, reducindo a porcentaxe de eliminación

Mellora a sanidade do ubre individual e de rabaño, lactación a lactación, mellora a velocidade de muxido, controla a medición individual e grupal do reconto de células somáticas, mellora as curvas de lactación e mellora a vida útil dos animais presentes na explotación, xa que reduce a porcentaxe de eliminación de animais produtivos do establo por falta de resposta aos problemas mamarios.

MASTIMILK– Como se realiza o diagnóstico?
– O desenvolvemento destes protocolos foi o resultado de miles de aplicacións en investigación, obtendo resultados obxectivos grazas a GAV- ALLFEED® MASTIMILK®, lector electrónico de campo do UH (udder health, estado sanitario do ubre), ademais de centos de estudos desenvolvidos con termografía mamaria.

GAV- ALLFEED® MASTIMILK® dá nota obxectiva, fácil e sinxela de interpretar, ao estado sanitario do ubre, desde 3.0 ata 8.0 (50 puntuacións) que identifican paralelamente a saúde do ubre e o reconto de células somáticas.

Isto permitiu desenvolver varios protocolos estándares, independentes de especie, raza, tipo de muxido ou modelo produtivo gandeiro.

– En que consiste o protocolo de secado?
– Aplícase a mestura de GAV- ALLFEED® LACTOMINT SPRAYGEL PLUS e GAV- ALLFEED® CDDIPP, por todo o ubre, de maneira uniforme e homoxénea, despois do muxido, nos 3 últimos muxidos antes do último muxido definitivo.

Ás 24 horas despois do último muxido, repítese a aplicación da mesma mestura, sen muxir e sen pasar os animais pola sala de muxido, para reforzar a reabsorción de maneira natural do leite producido non muxido e reforzando a formación do tapón mucoso da canle do pezón tamén de maneira natural, aumentado a capacidade inmunolóxica da zona.

– Como se realiza o protocolo de postparto?
– Todos os animais paren con certo grao de inflamación, durezas, dor que provoca retención de muxido, atraso do muxido e falta de efectividade da oxitocina, provocando aos poucos muxidos a mastitis calostral, que en moitos casos deriva en cronificación de desordes mamarios. A isto denominámolo mastite calostral.

O protocolo de postparto consiste en evitar todos estes problemas, facilitando o muxido, maior efectividade do efecto oxitocina e restablecendo de maneira natural a fisioloxía propia do ubre. Para iso débese aplicar a mestura GAV-ALLFEED® LACTOMINT SPRAYGEL PLUS e GAV-ALLFEED CDDIPP FORTE, despois do muxido, os 10 primeiros muxidos de postparto, incluíndo os muxidos do costro.

A utilización do test de detección permite coñecer tamén a calidade do costro e decidir se é apto para ser administrado ao tenreiro que acaba de nacer

A utilización de GAV-ALLFEED® MASTIMILK®, permite coñecer o estado da sanidade do ubre no momento do parto e á súa vez, coa mesma lectura, interpretar de maneira obxectiva a calidade calostral, tanto sanitaria como inmunolóxica, e decidir se o costro é apto para ser administrado á tenreira/o recentemente nado. Este protocolo vai permitir iniciar a lactación coa mellor sanidade mamaria posible, obtendo o máximo resultado á capacidade xenética láctica dos seus animais.

Termografía de una ubre con mamitis en el momento del ordeño

Termografía dun ubre con mamite no momento do muxido

– Como actuar en caso de mastite?
– O protocolo de mamite tamén se realiza cos mesmos produtos. A mestura de GAV-ALLFEED® LACTOMINT SPRAYGEL PLUS e GAV-ALLFEED® CDDIPP FORTE, tamén nos permite ser moi rápidos en actuar sobre as mastites subclínicas (avisos de conductivade en salas de muxido automáticas ou robots) ou mastites clínicas detectadas polo persoal da sala de muxido.

Ao primeiro aviso ou síntoma, non dubidar, aplicar inmediatamente a mestura. Canto antes se aplique, antes se liquida con poucas aplicacións de post-muxido. Canto máis se espere, máis comprometida será a resolución do problema.

– GAV- ALLFEED® tamén deseñou outros produtos de axuda para a sanidade do ubre
– Efectivamente. Temos por exemplo GAV-ALLFEED® BALSAMINT. Os principios activos de balsamint, permiten, nun período de 20 a 30 días, realizar un efecto de limpeza interna do ubre, xunto ao uso de GAV-ALLFEED® MASTIMILK®, permitiranos coñecer a capacidade de resposta dun animal problemático no rabaño, e localizar os animais portadores asintomáticos no noso rabaño.

Aplícase pulverizando o produto nun baño de pezóns ao final do muxido, post-dipping. Tamén en determinados casos, pódese utilizar como alternativa válida no postordeño, aos postdipping habituais, xa que tecnicamente está baseado en principios activos máis actuais e avanzados que os habituais.

Contamos tamén con GAV-ALLFEED® INTERMAMARIAM, xel spray con activos cicatrizantes para úlceras e feridas dérmicas do ubre ou zona mamaria, con efectos biolóxicos antibacterianos e funxicida.

Produtos certificados libres de antibióticos

Todos os produtos deseñados por GAV-ALLFEED® e os seus protocolos sanitarios están aprobados pola certificación E.L.U.A.® para explotacións libres de uso de antibióticos e desparasitantes farmacolóxicos.

Se desexa máis información pode solicitar unha demostración técnica na súa explotación por parte do equipo técnico de GAV-ALLFEED®

Poden verse vídeos prácticos demostrativos sobre os distintos protocolos na canle de youtube de GAV-ALLFEED®:

Sistema de detección MASTIMILK®

Produtos GAV-ALLFEED®

Protocolo de mamite

Máis información en:

www.gav-allfeed.com

jorditost.allfeed@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *