Continuidade en prezos e números de cabezas de gando no mercado de Amio

Continuidade en prezos e números de cabezas de gando no mercado de Amio

Mercado de Amio. / Arquivo.

Na xornada do Mercado Nacional de Gando de Amio, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.  

A asistencia de gando nesta sesión foi de 1.267 reses, é decir, 10 menos que na do pasado 28 demaio. Por categorías, houbo 1.080 cabezas de vacún menor (30 menos que na sesión anterior); 63 de vacún mediano (13 máis que na sesión anterior) e 124 de vacún grande (sete reses máis que na sesión anterior).

Respecto do gando que concorreu hoxe ao recinto feiral, e logo da enquisa realizada pola organización entre as persoas usuarias habituais do mercado, infírese que tamén se manteñen os prezos da sesión anterior para todo o gando de recría e o mediano e maior de matadoiro.

Pódense consultar os datos completos no seguinte enlace:

Cotizacións 04.06.2025

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información