Continuidade das cotizacións en Amio

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana a continuidade das cotizacións en todas as categorías e calidades, se ben para a próxima semana anúnciase a posibilidade de cambios. En Ternera Gallega apréciase unha tendencia á baixa no mercado, sobre todo en Ternera Gallega Suprema, que de persistir, podería levar a baixadas de prezos na próxima sesión.

Na Mesa de Prezos do gando de abasto, os vogais decidiron por unanimidade manter as cotizacións do gando de recría, vacún maior e becerros de abasto. Igual que a pasada semana, os vogais coincidiron en apreciar no mercado gran lentitude no trato de becerros e becerras destinados ó sacrificio, aínda que polo de agora esa situación non é suficiente para reflectila nunha baixada de prezos.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.099 reses, 257 menos que a pasada sesión. Houbo 1.553 cabezas de vacún menor, 225 de vacún mediano e 306 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (31-I-2017).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información