Continúan subindo os prezos na IXP Ternera Gallega e no vacún maior en Amio

Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiron este mércores na reunión celebrada no Mercado Nacional de Amio, en Santiago, continuar coa suba de cotizacións. Así, acordaron por maioría subir 0,02 € os prezos das canais de categoría Suprema e 0,04 € nas canais da categoría Tenreira.

Na xornada de hoxe a asistencia de gando foi de 1.471 reses, 450 más que a da última sesión. En total accederon ao recinto 1.260 cabezas de vacún menor (510 menos que na sesión anterior); 64 de vacún mediano (7 menos que na sesión anterior) e 147 de vacún grande (3 animais máis que na sesión anterior).

Da enquisa realizada entre os usuarios habituais do Mercado Nacional de gando dedúcese que subiron 10 euros de media os becerros de recría de raza Rubia Galega e baixan 15 euros os das razas Frisona e Cruces. Tenden a subir os prezos do vacún maior de abasto, clasificacións O e P, mentres que o mercado de vacún mediano de matadoiro -becerros carniceiros- desenvolveuse con lentitude.

Captura de pantalla 2025-09-03 152004 Captura de pantalla 2025-09-03 151922 Captura de pantalla 2025-09-03 151939 Captura de pantalla 2025-09-03 151952

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información