Continúan en ascenso os prezos de becerros de recría e do vacún maior

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou por terceira semana consecutiva os seus prezos medios máis altos tanto na categoría de tenreiros de recría e vacún maior, ademais que supuxeron o terceiro maior volume de transaccións en ambas as categorías

Continúan en ascenso os prezos de becerros de recría e do vacún maior

Terceira semana consecutiva de prezos altos na Central Agropecuaria de Galicia ABANCA na categoría becerros de recría, con 511 euros de media (o martes pasado situáronse nos 493 euros e o anterior nos 456), como na de vacún maior, con 2.008 euros (o martes pasado foi de 1.936 euros e o anterior de 1.931).

Estes prezos medios que supuxeron o terceiro maior volume de transaccións tanto en becerros de recría, con 467.394 euros, como en vacún maior, con 702.810 euros. Esta facturación, unida á de tenreiros carniceiros, que foi a segunda máis alta da categoría, con 315.932 euros (por encima só están os 377.108 euros do pasado 17 de decembro), supuxeron que a Central alcanzase o seu maior volume de transaccións conxuntas nunha sesión, con 1.486.136 euros; ata agora esta marca estaba en 1.439.812? do pasado 21 de xaneiro.

Unhas cifras que, unha semana máis, son consecuencia da alta demanda que está a experimentar a Central debido á escaseza deste tipo de animais no mercado nacional.

central agropecuaria silleda febreiro animales

Prezos do gando

A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 245 euros, 19 euros máis que na da semana pasada; os de 21 a 50 días incrementáronse ata os 318 euros (+31 euros); finalmente, os de máis de 50 días pagáronse de media a 386 euros (+5 euros).

En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 518 euros (-20 euros), e as femias vendéronse a 349 euros, cun descenso de 12 euros. Os de 21 a 50 días chegaron aos 654 (+41) e as femias a 404 euros (-18). Os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 799 euros (-89 euros) e as femias de 557 euros (-24).

18_02_2025_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial baixaron o seu valor medio 102 euros e chegaron aos 1.369 euros con respecto á poxa pasada, mentres que as femias soben o prezo medio 7 euros, até os 1.174 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.98 euros de media os machos (-177 euros) e a 1.183 euros as femias (-13). Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema presentan unha subida do seu valor medio de 54 euros e quedan nos 1.465 euros por animal.

No vacún maior os prezos medios rexistraron incrementos en todas as categorías e quedan da seguinte maneira: a extra en 2.192 euros de media (+54 euros); os de primeira en 1.196 (+18) e os de segunda en 782 (+2). Os prezos dos animais vendidos baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia presentan unha caída de 582 euro e fíxanse nun valor medio de 1.947 euros.

Mesas de prezos

As mesas de cotizacións do porcino presentan unha subida de 0,02 nas seguintes categorías: o selecto, que alcanza os 1,595 euros/kg e o normal, quedándose nos 1,570. O de canle II sobe 0,026 e chega aos 2,039, mentres que o de desvelle aumenta 0,01 e queda en 0,63/0,69.

Nos leitóns hai subida de 3 euros e os exemplares chegados dunha única granxa chegan aos 78 euros (cun prezo de 3,9 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 73 euros e cun prezo por quilo de 3,65 euros.

18_02_2025_page-0002

No mercado do ovo tamén hai incrementos de 0,02 en todas as clases e fíxanse así: os da XL en 3,07 euros, os da L nos 2,53, os da M nos 2,33 e os da S en 2,03.

O prezo do coello sobe 0,10, até os 2,40 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información