Continúa a tendencia á alza nos prezos do mercado de Amio e as subas na Ternera e Suprema

Continúa a tendencia á alza nos prezos do mercado de Amio e as subas na Ternera e Suprema

O mercado de Amio celebrou este mércores un novo mercado, cunha suba de 10 euros no vacún de recría da raza Rubia Galega e de 0,05 euros os prezos das canles do vacún mediano de matadoiro.

En canto á Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, os vogais decidiron por maioría subir 0,02 euros os prezos das canles de ambas as categorías: Suprema e Ternera.

Finalmente, a asistencia de gando á xornada foi de 1.497 reses, dúas menos que á do 13 de novembro. En detalle, transitaron 1.282 cabezas de vacún menor (18 máis que na sesión anterior); 75 de vacún mediano (+9) e 140 de vacún grande (-29).

Máis información

– Táboa completa dos prezos de Amio (20-XI-2024)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información