Continúa a suba dos produtos lácteos nos mercados internacionais

PREZOS LACTEOS INTERNACIONAIS SETEMBRO 2021European Milk Market Observatory acaba de publicar o seu informe sobre a situación dos mercados de produtos lácteos tanto a nivel europeo como internacional.

Estas son as tendencias que se observan dende este observatorio do sector lácteo, dependente da Comisión Europea:

-Os prezos medios dos produtos lácteos a pasada semana na UE foron os seguintes:

Manteiga: 411 €/100 kg, +1.4% nas últimas catro semanas
Leite desnatado en po (SMP) 266€/100 kg, +2,9% ,,
Leite enteiro en pó (WMP): 329 €/100 kg, +2,5% ,,
Queixo cheddar: 326€ /100 kg +0,3% ,,
O leite spot en Italia permanece estable nos 40.3 c/kg

-A Unión Europea é máis competitiva no mercado internacional respecto a Estados Unidos e Oceanía (Australia e Nova Zelandia) nos prezos do queixo e, en menos medida, da manteiga e do leite en po, tanto enteiro como desnatado.

-A producción de leite na Unión Europea caeu nun 0,1% nos seis primeiros meses do ano respecto ao mesmo período do 2020. En Nova Zelandia a produción de xaneiro a xullo foi un 4,5% superior ao pasado ano; en Australia diminiu un 3,5% no que vai de campaña -a produción de leite en Oceanía é estacional segundo a disponibilidade de pastos- e en Estados Unidos, de xaneiro a xullo deste ano acumula unha suba do 2,3% se se compara co mesmo período de 2020.

-O prezo medio na Unión Europea do leite estandarizado ao 4% de graxa e ao 3,3% de proteína foi de 0,358 euros o kilo no mes de xullo, o mesmo que en xuño. En Nova Zelanda o prezo medio está en 0,359 euros o kilo e en Estados Unidos baixou lixeiramente até os 0,344 euros o kilo de leite.

-A produción de derivados lácteos na UE evolucionou de xaneiro e xullo do seguinte xeito: descendeu nun 11,2% a produción de leite en pó enteiro ( WMP); un 0,8% menos de leite envasado, 1,3% menos de manteiga e un 4,3% de baixada na produción de leite en po desnatado. Pola contra, aumentou a produción de queixo, o produto de máis valor, nun 2,2% e a de leite condensado, nun 2,2%.

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información