Continúa a suba dos leitóns en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia continúa sen celebrar mercado de gando vacún logo de que se prorrogase a suspensión das feiras por mor da dermatose nodular contaxiosa

A suba dos leitóns e a estabilización de prezos do porco cebado marcou a sesión desta semana en Silleda, nunha nova semana sen feira de gando vacún logo de que a Xunta de Galicia decidira prorrogar até final de mes a prohibición de celebración de certames e mercados como medida preventiva para evitar a chegada da dermatose nodular contaxiosa ás explotacións galegas. 

Así, as Mesas de Prezos da Central Agropecuaria de Galicia estiveron protagonizadas pola suba de 3 euros nos bacoriños, que se revalorizaron 8 euros nas últimas tres semanas, cotizando neste momento a 53 euros no caso de animais procedentes dunha única granxa e a 48 para os de distintas procedencias. 

En canto ao porcino cebado, mantense estable, logo de ter freado a forte caída desencadeada este ano pola suba dos aranceis establecidos en China ás importacións procedentes da UE. Os ovos tamén mantiveron as cotizacións na sesión deste martes, ao igual que os coellos. 

Silleda 18-11-25

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información