Continúa a suba das cotizacións dos produtos lácteos nos mercados internacionais

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este xoves as cotizacións desta terceira semana de maio dos produtos lácteos nos mercados internacionais. O prezo do leite spot en Italia continúa subindo e está nos 0,468 euros o litro.

prezos lacteos UE maio 24

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta primeira semana de maio para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 584 €/100 kg, +1,3 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 240 €/100 kg, +0,6 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 365 €/100 kg, +0,9 % ,,
-Queixo cheddar: 392 € /100 kg -0,2%

A tendencia á suba de prezos tamén se repite nos principais exportadores: Estados Unidos e Nova Zelandia.

prezos lacteos internacional maio 24

A recuperación dos prezos dos produtos lácteos vese favorecida pola baixada da produción: no mes de marzo caeu de forma interanual un 3,5% en Nova Zelanda, un 1% en Estados Unidos e un 0,2% no Reino Unido.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información