A área de Participación do Concello de Lugo vén de completar o procedemento de actualización do Rexistro de Vendedoras e Vendedores do mercado Tradicional.
“Con esta actualización, desde a área de Participación podemos ofrecer o mellor servizo posíbel ás usuarias e usuarios destes mercados, garantindo que a actividade se desenvolva dun modo ordenado”, explicou a concelleira Cristina López.
A Xunta de Goberno Local deste mércores aprobou a relación de persoas autorizadas a vender no Mercado Tradicional para o ano 2021. “Os mercados son para nós un piar estratéxico para a economía”, indicou a edil do BNG, que engadiu que “o mercado tradicional é un exemplo de fonte de creación de valor engadido para as nosas produtoras e produtores”.
O mercado tradicional celébrase os martes e venres de 08:30 a 14:30. No caso de que un martes ou venres sexa festivo, celebrarase o día anterior. Os produtos que se venden neste mercado son os propios da colleita, que cumpren a normativa sobre seguridade alimentaria e contan coas autorizacións en vigor.