Continúa a baixada dos becerros de recría en Silleda

O vacún maior e os becerros carniceiros resisten mellor a caída de prezos

recria central agropecuaria silledaOs becerros de recría seguiron baixando na sesión deste martes da Central Agropecuaria de Galicia celebrada en Silleda, con fortes descensos tanto na raza frisoa e en menor medida nos becerros de cruzamento industrial. 

Así, os machos frisóns de menos de 21 días perderon de media 90 euros en animal, cotizando a 179 euros, un prezo que non se vía dende o 2023, mentres que os de entre 3 e 7 semanas baixaron 49 euros e os de máis de 50 días subiron 4 euros en relación á pasada semana.

No caso dos xatos de cruzamento industrial, os machos de ata 20 días manteñen os prezos e as femias baixan 26 euros. Os de 3 a 7 semanas bixan 40 euros de media os machos e 45 as femias e os de máis de 50 días caen 34 euros os machos e 18 as femias.

Os becerros pasteiros seguen a mesma tendencia á baixa, con caídas duns 90 euros nos animais cruzados e máis de 120 nos de raza rubia galega.

Os xatos de matadoiro foron quen de resistir na sesión deste martes en Silleda, mantendo prezos nos machos de cruzamento industrial e de raza rubia galega e logrando mesmo mellorar as cotizacións no caso das femias.

O vacún maior segue mantendo bos prezos, aínda que as vacas de categoría Extra baixaron case 100 euros para pagarse a 2615 euros de media, mentres que vacas de categoría Primeira e Segunda subiron de media uns 10 euros en relación ao pasado martes.

PREZOS SILLEDA VACUN 26 XULLO 2
No relativo ás mesas de prezos do resto de especies gandeiras, non houbo variacións con respecto á semana pasada, repetindo as cotizacións tanto o porcino, como os ovos, galiñas e coellos. Iso si, baixan os leitóns e as galiñas de desvelle.

PREZOS SILLEDA PORCINO E OVOS 26 XULLO 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información