Continúa aberta a posibilidade de reclamar contra o ‘cártel do leite’

Continúa aberta a posibilidade de reclamar contra o ‘cártel do leite’

Unións Agrarias e Eskariam presentan as primeiras demandas contra o cártel, aínda á espera de que a Audiencia Nacional ratifique a resolución de Competencia, que sancionou a un grupo de industrias lácteas por pactar prezos entre o 2000 e o 2013

O proceso xudicial contra o cártel do leite mantense enquistado, á espera de que a Audiencia Nacional resolva os recursos das industrias lácteas contra a resolución do 2019 de Competencia, que sancionou ás industrias lácteas a pagar unha multa de 80,2 millóns de euros por pactar prezos entre o 2000 e o 2013.

Entre tanto, milleiros de gandeiros de Galicia e do resto do Estado xa presentaron reclamacións contra as industrias lácteas. Desde Unións Agrarias e desde o bufete xurídico Eskariam sinalan que o prazo para presentar as reclamacións mantense aberto ata xullo do 2024, polo que fan un chamamento a que máis granxas se sumen ó proceso.

As reclamacións de gandeiros galegos son estimadas por Unións Agrarias en arredor de 7.000, por importe de arredor de 800 millóns de euros. Todo este proceso está pendente da resolución da Audiencia Nacional, pero Eskariam, nun xiro estratéxico, decidiu anticiparse á resolución da Audiencia Nacional e presentar a finais do 2022 un total de sete demandas, entre as que se atopan demandas de catro productores de Unións Agrarias, que reclaman arredor dun millón de euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información