Contías das axudas pola EHE en Galicia

Medio Rural confirma os importes dos apoios para gastos veterinarios, así como o aumento das indemnizacións no caso de morte de animais. A orde publicarase cara final de ano, para que beneficie a todas as granxas afectadas no 2024

Contías das axudas pola EHE en Galicia

A Xunta destinará 5,4 millóns de euros a axudas directas para os gandeiros galegos pola EHE, unha cifra da que a Administración central aportará 2,8 millóns de euros. Tal e como acordara a Consellería de Medio Rural coas organizacións agrarias, haberá axudas directas para gastos veterinarios e desinsectación das granxas afectadas, así como un aumento das indemnizacións no caso de morte de animais.

En concreto, as achegas para as ganderías que tivesen EHE este ano serán de 20 euros por animal censado na explotación, cun mínimo de 140 euros para as explotacións cun censo inferior a 7 animais e un máximo de 4.000 euros por granxa. Esta axuda pagarase polo total do censo dos bovinos da explotación, e non só polos afectados.

No que respecta ás indemnizacións, as contías por animal falecido irán dos 400 euros por bovino menor de 4 meses ata os 1.600 euros para aqueles de idade maior ou igual a 18 meses (e menor de 120 meses), o que implica duplicar a contía que recibían os gandeiros por este mesmo concepto ata o de agora, segundo valora Medio Rural.

No caso dos 410 animais xa indemnizados o ano pasado, abonaráselles ás granxas a diferenza entre o novo baremo e o xa cobrado pola morte dos animais afectados por EHE.

A publicación da orde de axudas farase na última parte do ano, cando baixa a actividade do insecto vector. O obxectivo é que as axudas cobran a todas as ganderías afectadas no 2024. Tratarase dunha orde de axudas directas, que incluirá o listado das explotacións beneficiarias, co cálculo do importe a percibir por granxa, en función do censo de animais en poder de Medio Rural.

As ganderías, por tanto, non terán que presentar solicitude de axuda, tan só alegacións no caso de discrepancias nos datos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información