O pasado 27 de abril asinouse a acta fundacional da Federación IBERIENSIS, Federación de Asociacións de Criadores de Abella Negra Ibérica, no edificio Goizane de Zaldibia, Gipuzkoa, sede de IBERIENSIS.
A Federación ten como principais fins:
-Fomentar a crianza e mellora da raza abella negra ibérica ( Apis mellifera iberiensis), mediante un Programa de Cría, co fin de seleccionar os seus caracteres máis desexables.
-Promover e desenvolver accións encamiñadas á difusión da mellora e a súa conservación, en colaboración coas Administracións competentes.
-Agrupar ás asociacións de criadores de abella negra ibérica españolas, defender os seus intereses, colaborar para a formación técnica dos criadores e ofrecerse como interlocutor fronte a administracións públicas e outras entidades.
-Realizar a defensa global da abella negra ibérica, velando pola súa pureza xenética e a preservacion que ese patrimonio xenético representa para a biodiversidade.
O principal obxectivo da Federación a curto prazo é a inclusión da abella negra ibérica no Catálogo Oficial de Razas Gandeiras do MAPA para poder desenvolver un Programa de Cría con finalidade de mellora. Para iso conta con diferentes ferramentas tales como un protocolo de probas de rendementos, unha metodoloxía para a avaliación xenética, sistemas para o control dos apareamientos e mecanismos para o diagnóstico da raza de abellas.
IBERIENSIS está integrada polas asociacións de criadores de abella negra ibérica de carácter
autonómico:
• ACAMI, Asociación de Criadores Apis mellifera iberiensis CLM (Castilla La Mancha)
• ACRIANICYL, Asociación de Criadores de Abeja Negra Ibérica de Castilla y León (Castilla y León)
• AECRIA-Madrid (Comunidad de Madrid)
• AMIGA, Asociación de criadores de Apis mellifera Iberiensis de Galicia (Galicia)
• ASAN, Asociación Altoaragonesa para la selección de la abeja negra (Aragón)
• Asociación Asturiana de Criadores de Abeja Negra Ibérica (Asturias)
• Asociación de Criadores de Abeja Negra Ibérica de Cantabria (Cantabria)
• Dotze Reines. Associació Balear per el Foment de l´Abella Autòctona (Islas Baleares)
• ERBEL, Erle Beltz Hazleen Elkartea (País Vasco)
• IBERCRÍA, Asociación Valenciana de Criadores de abeja Apis mellifera iberiensis (Comunidad Valenciana)
A Federación IBERIENSIS está aberta a acoller ás asociacións de criadores de abella negra ibérica que xurdan en representación das CCAA que faltan por estar presentes no seu seo. Así mesmo irá informando o sector apícola dos seguintes pasos que realizará e dos logros que puidese obter.
Correo de contacto: amiberiensis@gmail.com