Consideran o tratado TTIP unha “ameaza” para a gandería europea

Cooperativas e asociacións de produtores cárnicos consideran que o acordo comercial UE-Estados Unidos non é entre iguais e que podería supoñer a perda de máis de 25.000 empregos en España.

Consideran o tratado TTIP unha “ameaza” para a gandería europea

Imaxe das mobilizacións deste sábado en Galicia contra o TTIP. Autor: CIG

O sector gandeiro galego e español ve con preocupación os efectos do Acordo Transatlántico para o Comercio e o Investimento (TTIP polas súas siglas en inglés) que negocian a Unión Europea e os EUA para aumentar o comercio e o investimento mutuo.

As principais organizacións tanto patronais coma sindicais (UPA,ASAJA, Cooperativas Agroalimentarias, CESFAC, PROPOLLO,ANSOGAPOR, ASOPROVAC, AECEC ou ASEPRHU) están a levar a cabo unha iniciativa conxunta para denunciar que a supresión de aranceis aos produtos agroalimentarios estadounidenses “penaliza á gandaría da UE e benefician claramente á do país norteamericano”.

TTIP_04_standar

Neste sentido, as organizacións elaboraron e enviaron aos responsables das administracións nacional e comunitaria o estudo “Impacto sobre o sector gandeiro español e comunitario do acordo TTIP”, que avalía as diferenzas de custos entre os modelos produtivos de Estados Unidos e a Unión Europea. As súas conclusións advirten de que, coas esixencias regulatorias actuais, nos dez anos posteriores á súa firma, España podería perder máis de 25.000 postos de traballo, e toda a UE máis de 400.000, nos sectores gandeiros considerados.

Estados Unidos poderá exportar á UE produtos sen adaptarse ás normas europeas

Un dos aspectos máis preocupa ao sector agrogandeiro español é que o futuro acordo TTIP non supoñerá cambios lexislativos na UE referidos ao Modelo Europeo de Produción, pero, e o que é máis importante, tampouco no modelo dos EEUU.

Desta forma, o que conclúe o estudo é que “competir nun mercado único con produtos similares procedentes de EEUU pero con custos de produción moi distintos terá como resultado unha importante redución da facturación e a desaparición dunha porcentaxe relevante de granxas comunitarias dos devanditos sectores, coa conseguinte perda de emprego no sector agrario”, algo inaceptable para as organizacións gandeiras e de sectores afíns.

A estimación de perdas en facturación e emprego son as seguintes, para España e a UE:

TTIP_03_standar

Ante esta ameaza, os promotores desta iniciativa solicitan “a actuación firme dos responsables nacionais e comunitarios para que no acordo con Estados Unidos o sector gandeiro europeo non sexa sacrificado en prol dun libre comercio que non sería un comercio entre iguais polas enormes diferenzas de modelo produtivo entre ambas as dúas partes”.

O Sindicato Labrego Galego advirte de que sería unha ameaza para o sector cárnico e as Denominacións de Orixe Galegas

En Galicia, a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba, entregou a pasada semana un escrito na Delegación do Goberno polo que pide que o goberno español adopte unha postura negativa e de rexeitamento do TTIP ante as institucións europeas “pola ameaza real que suporía para a agricultura, a gandeiría e a seguridade alimentaria” tanto de Galicia como do resto da UE.

No escrito presentado detállase esta ameaza en cuestións como os transxénicos, a carne clorada e hormonada, a competencia en condicións de franca inferioridade das granxas e empresas alimentarias galegas con respecto ás estadounidenses, ou o perigo de desaparición das producións agrogandeiras da UE con indicación xeográfica de calidade.

Descarga aquí o estudo completo. 

Descarga aquí o informe elaborado polo Sindicato Labrego Galego. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información