Consellos para a poda de froiteiras de carabuña

Estamos no último mes para a poda das árbores froiteiras de carabuña (cerdeiras, pexegueiros ou ameixeiras). Velaquí algúns consellos de Francisco Castro Cabaleiro

Publicidade
Consellos para a poda de froiteiras de carabuña

Podando unha cerdeira. Autor: acelgas.com

Esta vez fixarémonos na poda das árbores de carabuña; é dicir, pexegueiros, ameixeiras, cerdeiras…etc, xa que no artigo anterior falamos das froiteiras de pebida (Maceiras, pereiras, marmeleiros…)

Se ben é certo que, por exemplo para, o albaricoqueiro o ideal sería ter podado coa sabia baixa, alá polos meses de Outubro-Novembro, nestes intres tamén xogamos con ventaxe xa que a poda en estado de botón rosa (cando vemos os pétalos das flores nas xemas) permítenos identificar ben as xemas de flor.

Imaxinando que a poda de formación xa está feita, e temos as nosas árbores formadas a pleno vento, empalizada, ou calquera outra estructura que nos teñamos decidido, trataremos de facer a necesaria poda anual de fructificación.

Trátase básicamente de facer unha poda de aclareo de ramaxe e unha poda de rexuvenecemento das ramas que teñen fructificado equilibrando vexetación e frutificación.

Teña en conta que as feridas demasiado importantes producen perda de goma, chancro e morte de ramas, ademais de producir excesivos chupóns.

Para prepararnos para podar debemos interpretar ben os distintos órganos que posúen este conxunto de especies. Básicamente son:

A) Tres órganos frutíferos: 

-Ramo mixto: é o ideal. Presenta ao longo do ramo xemas de madeira e botóns florais. As xemas de madeira son as que nos darán o remprazo.

RAMO_MIXTO_PODA

-Chifona: de 15-30 cm. Só presenta botóns florais e a xema terminal é de madeira. Presenta xemas vexetativas latentes na base que permiten o seu rexuvenecemento.(Isto último é factible en albaricoqueiro…pero máis dificil en pexegueiro)

CHIFONA_PODA

-Bromiño de Maio: Gromiño curto de 2-5cm. Presenta unha xemiña de madeira rodeada de 4-6 botóns florais

BROMIÑO_MAIO_PODA

B) E tres organos estériles: 

-Chupóns: Ata 2 metros e con ramificacións secundarias

-Ramos de madeira: Só xemas de madeira. Serven para rexuvenecer.

Unha vez coñecidos os órganos de frutificación , dos que achego un esquemiña, a poda de frutificación consiste básicamente en:

-Reducir as ramas de madeira a catro ou cinco xemas, así , estas últimas derivarán a órganos frutíferos : Bromiño de Maio, Ramo mixto…

-Reducir os chupóns a dúas xemas.

-Ramos mixtos: Cortar por riba do quinto ou sexto grupiño de botóns florais deixando unha xema vexetativa final tirasavia.

-Chifona: Deixámola intacta.

-Bromiño de Maio: Conservámolo tal cal.

Ata aquí chegaría a poda en seco.
A poda en verde quedaría para outro artigo de verán.

Consello final:
Non se exceda neste tipo de poda porque así evitará a proliferación excesiva de chupóns nas súas árbores.

Francisco Castro Cabaleiro

Francisco Castro Cabaleiro é enxeñeiro técnico agrícola especializado en Hortofruticultura e Xardinería, enxeñeiro de Montes e profesor de Operacións de Produción Agraria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información