Consellos de cultivo da horta en novembro

Estamos ás portas do inverno e a actividade vexetativa decae considerablemente. Con todo, os traballos de mantemento na horta continúan e tamén podemos empezar a plantar coles e legumes.

Publicidade
Consellos de cultivo da horta en novembro

Sementeiras directas:

-Pódense empezar a plantar allos en sementeira directa desde novembro ata xaneiro. Lembrar que a profundidade de plantación non debe ser superior a 3 centímetros. Tamén podemos empezar a plantar cebolas de allo así como fabas (vicia faba). Se todo vai ben, poderemos recoller estas legumes nos meses de maio e xuño.

-Tamén nesta época podemos plantar coles, seguindo o refrán de “A horta de san Martiño mantén ao doo a mais ao veciño”.

Colleitas:

Novembro é un mes no que están en plena produción as brásicas: repolo, bróccoli, coles de Bruxelas, col forraxeira (berza branca), así como un dos vexetais galegos por excelencia: a nabiza. Tanto uns como outros son excelentes alimentos polos seus valores nutricionais.

Polo demais, neste mes acabaremos de recoller as cabazas e gardarémolas nun sitio seco e ventilado para a súa conservación, xa que as xeadas e a humidade acabarían por estragalas. Recoméndase gardar a semente das mellores cabazas e cabaciñas para o próximo ano.

Tamén seguiremos recollendo remolachas, porros, cenorias, escarolas ou leitugas inverno, a medida que as necesitemos para o consumo, xa que todos estes cultivos resisten ben as xeadas e a humidade.

Coidados do chan:

-Recoméndase non deixar o chan da horta nú durante o inverno xa que as xeadas reducirían a súa fertilidade. Neste sentido, se non imos plantar nada ata a primavera aconséllase cubrilo cunha cuberta vexetal (herba, follaxe, toxos…etc) que aumentará a actividade biolóxica do chan, reducirá a aparición de malas herbas á vez que esa materia orgánica irase descompoñendo para incorporala ao chan na primavera.

-Polo demais, recoméndase, do mesmo xeito que nos demais meses, seguir elaborando compost orgánico con restos de peladuras, herba cortada, follaxe…etc. Esta materia orgánica é a garantía dunha horta vivo e produtiva .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información