A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, veñen de asinar un acordo de colaboración para mellorar a oferta formativa conxunta en materia agroforestal e alimentaria. En virtude deste protocolo, ambos departamentos da Xunta comprométense a realizar unha oferta coordinada de certificados de profesionalidade e a acreditar os centros de formación e experimentación agroforestal (CFEAs) da Consellería do Medio Rural para impartir os 64 devanditos certificados, que se especifican nun anexo do propio convenio.
Estes certificados, da familia profesional agraria, van desde os relativos a cultivos herbáceos ata os relacionados con aproveitamentos forestais, pasando pola cría de cabalos, apicultura, fruticultura, agricultura ecolóxica, industrias lácteas e elaboración de viños e licores, entre outros moitos.
No texto asinado por ambos conselleiros considérase especialmente conveniente o acordo, tendo en conta que os dous departamentos posúen centros propios de formación en diferentes localidades galegas e cómpre facer unha oferta pública de formación profesional continua (non académica) coordinada, eficaz e eficiente.
Por medio deste acordo, Medio Rural obrígase a desenvolver os itinerarios formativos incluídos nos certificados de profesionalidade correspondentes, comunicar o calendario, programa e demais detalles das accións formativas á Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como a seleccionar aos alumnos e impartir a formación nos seus centros propios, que quedarán acreditados para impartir as especialidades formativas por Economía. Pola súa banda, esta última consellería comprométese a expedir os correspondentes certificados de profesionalidade a quen o solicite e demostre superar todos os módulos.
Colectivos prioritarios
En xeral, nas accións formativas destinadas ao agro galego e en especial aquelas cofinanciadas con fondos Feader terán preferencia destinatarios e colectivos como os agricultores e agriculturas mozas (menores de 41 anos), os novos con expectativas de incorporación á actividade agraria, as mulleres maiores de 41 anos en xeral e tamén aquelas persoas que superen esa idade e teñan expectativas de incorporarse e as que teñan acreditado estar en risco de pobreza e/ou exclusión social.
ANEXO I.- CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE FAMILIA PROFESIONAL AGRARIA:
Cultivos herbáceos
Fruticultura
Producción avícola intensiva
Producción cunícula intensiva
Horticultura e floricultura
Actividades auxiliares en floristería
Xestión e mantemento de árbores e palmeras ornamentais
Actividades de floristería
Arte floral e xestión das actividades de floristería
Xestión da instalación e mantemento de céspedes en campos deportivos
Gandaría ecolóxica
Coidados e manexo do cabalo
Doma básica do cabalo
Cuidados e mantemento de animais utilizados para investigación e outros fins científicos
Asistencia nos controis sanitarios en matadoiros, establecimentos de manipulación de caza e salas de despiece
Cría de cabalos
Herrado de equinos
Apicultura
Realización de procedementos experimentais con animais para investigación e outros fins ciéntificos
Xestión da producción gandeira
Coidados de animais salvaxes, de zoológicos e acuarios
Produción de animais cinexéticos
Xestión da produción de animais cinexéticos
Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería
Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes
Xardinería e restauración da paisaxe
Produción porcina de reprodución e cría
Produción porcina de recría e cebo
Aproveitamentos forestais
Xestión de repoblacións forestais y de tratamentos silvícolas
Xestión de aprovetamentos forestais
Mantemento e mellora do hábitat cinexético-piscícola
Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas
Actividades auxiliares en aprovetamentos forestais
Xestión dos aproveitamentos cinexético-piscícolas
Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes
Agricultura ecolóxica
Produción de semillas e plantas en viveiro
Manexo e mantemento de maquinaria agraria
Produccón e recolección de setas e trufas
Xestión da producción agrícola
Xestión da produción de semillas e plantas en viveiros
Xestión da produción e recoleción de setas e trufas
Actividades auxiliares en gandaría
Actividades auxiliares en agricultura
Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria
Elaboración de azúcar
Fabricación de produtos de café e sucedáneos de café
Elaboración de produtos para a elaboración animal
Queixería
Industrias lácteas
Elaboración de leites de consumo e produtos lácteos
Elaboración de viños e licores
Industrias derivadas da uva e o viño
Enotecnia
Elaboración de cervexa
Carnicería e elaboración de produtos cárnicos
Industrias cárnicas
Sacrificio, faenado e despiece de animais
Obtención de aceites de oliva
Industrias do aceite e graxas comestibles
Obtención de aceites de semillas e graxas
Fabricación de conservas e vexetais
Industrias de conservas e mollos vexetais