A conselleira do Medio Rural pídelle ás industrias lácteas estabilidade no prezo e que se reduza o diferencial con outras comunidades autónomas

A conselleira do Medio Rural,María José Gómez, reúnese con rA conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo este mércores unha reunión con representantes da Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) para abordar vías de colaboración a prol da estabilidade do sector lácteo galego e analizar as dificultades do mesmo, buscando solucións que favorezan a rendibilidade de toda a cadea de valor.

A conselleira trasladou de novo a súa petición para “acadar un compromiso da Fenil para manter os prezos do leite que perciben os produtores en valores estables”. Ademais, tamén reiterou “a importancia de que se reduza o diferencial do prezo do leite galego con respecto ao doutras comunidades autónomas”. “Os gandeiros galegos, -insistiu a titular do Medio Rural- non poden seguir na situación actual cun valor máis baixo do seus produtos, pese á súa excelente calidade e as súas condicións hixiénico-sanitarias”.

Esta reunión, despois da mantida o martes con representantes das principais cadeas de distribución que operan en Galicia, “busca avanzar na consecución dun obxectivo, o de conseguir un sector lácteo galego forte e á vangarda”. Galicia produce actualmente o 42% do leite de vaca en España, cunha produción que segue a medrar nos últimos anos, concretamente preto dun 5% no 2023 e case un 13% desde o 2018-

Ademais, dende a Xunta trasladóuselle ao Ministerio de Agricultura “a esixencia para que se respecte e se cumpra a Lei da cadea alimentaria para garantir o equilibrio na cadea de valor, como se vén pedindo desde Galicia desde fai tempo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información