Consecuencias no agro da guerra de Irán: gasóleo, fertilizantes e plásticos encarécense

Falamos coas patronais de fertilizantes, con empresas de suministros agrarios e con cooperativas sobre a escalada de prezos que se iniciou nos últimos días no combustible agrícola, nos abonos nitroxenados e nos plásticos para silos e agricultura. “O único que está claro é que non hai nada claro sobre o futuro”, conclúen

wilson gaeta cargueiro fertilizantes

Subas de prezos

Dende mediados da semana pasada, o gasóleo agrícola pasou de custar de media 0,85 €/litro a situarse nos 1,20 €. É decir, aumentou 0,35 €, o que supón un incremento do 41%. No caso dos fertilizantes nitroxenados, a urea basicamente, a suba foi do 20% pasando dos 500 €/tonelada aos 600.

Coa sementeira de patacas, forraxes ou cereais á volta da esquina, medra a preocupación no sector agrogandeiro ante unhas subas que poden poñer en risco a viabilidade das colleita e mesmo das explotacións. A guerra en oriente medio está a provocar que suban os prezos dos combustibles e fertilizantes e o mesmo pode suceder cos plásticos agrícolas.

Dende a Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG), lembran que o sector primario español consume anualmente 2.000 millóns de litros de gasóleo agrícola e 1,9 millóns de toneladas de fertilizantes nitroxenados.

A suba dos combustibles e abonos está a causar un incremento de custos no campo español de 2,4 millóns de euros diarios (COAG)

Así, e coa suba dos últimos días, estímase que os custos de combustible e de urea nas explotacións agrícolas e gandeiras de España se van ver incrementados en 700 e 190 millóns de euros respectivamente para o actual exercicio. É decir, unha suba diaria de 2,4 millóns de euros.

As cifras oficiais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), así como as de diferentes organismos da Unión Europea reflicten que a dependencia dos fertilizantes que teñen que atravesar a zona de conflito é baixa ou mínima e que os principais provedores de urea para España son Arxelia e Marrocos seguidos de lonxe por Exipto e Rusia. A urea procedente de Irán é anecdótica.

Malia a suba diaria e a situación de conflito, o fluxo de fertilizantes ás explotacións españolas semella garantido

Malia a suba diaria e a situación de conflito, o fluxo de fertilizantes ás explotacións españolas semella garantido

Fertilizantes

Dende a Asociación Comercial Española de Fertilizantes (ACEFER), a súa secretaria xeral Henar García, asegura que non hai constancia de que se estean a producir situacións de desabastecemento de fertilizantes nitroxenados en España.

“Se ben, ao ser un sector tan globalizado, non se pode descartar que haxa países que habitualmente se abastecían na zona do golfo pérsico e que, a raíz do peche provisional da fábrica de Qatar -unha das máis importantes do mundo- estean agora acudindo aos mesmos mercados ca nós. Pero non detectamos problemas aínda.”

Polo momento non ten porque haber un desabastecemento do mercado internacional, aínda que é posible que os prezos sigan subindo ( Asociación Comercial Española de Fertilizantes)

García sinala que haberá que estar atentos á evolución do conflito bélico nas vindeiras semanas para comprobar como vai quedando o mercado internacional dos fertilizantes. “Calquera enfrontamento armado acaba creando incertidume nos mercados. Por eso é habitual que se ralenticen os fluxos. E hai que ter en conte que os case catro meses que estivo chovendo en España fixeron que se demorasen as compras.”

Por outro lado, os comercializadores de fertilizantes en España presentan perfiles moi diferentes en canto a volume de vendas e ámbito de actuación, polo que cada un responde de xeito diferente ante unha situación como a actual.

Dende ACEFER recoñecen que existe a posibilidade técnica de substituír a urea por outros produtos de efecto semellante, se ben non á algo nin habitual nin desexable, tendo en conta o importante volume de urea que se emprega en España e os bos resultados que ofrece.

García insiste en facer un chamamento á calma, se ben recoñece que toda a loxística internacional se está a ver afectada pola situación bélica e polas oscilacións no prezo dos combustibles, que tamén afectan os fletes de transporte marítimo e de estrada.

Adrián Veras, de Progando, indica que aínda é moi cedo para facer valoracións sobre o que poida pasar cos prezos e fluxos de fertilizantes e combustibles agrícolas. “Aínda non transcorreu suficiente tempo dende o inicio do conflito como para poder saber cales van ser as súas consecuencias neses e noutros aspectos.”, sinala.

Veras afirma que na empresa aínda non están a percibir ningún efecto claro da situación no golfo pérsico, máis aló das subas dos combustibles que afectan a toda a poboación. “O que si notamos é preocupación entre os gandeiros polo que lles poidan cambiar os custos ou por se chegara a haber desabastecemento, pero tampouco temos información como para asegurar nada. Haberá que esperar a evolución nas vindeiras semanas.”

A Asociación Nacional de Fabricantes de Fertilizantes (ANFFE), asegura que o abastecemento de abonos para as vindeiras semanas na agricultura e gandería española está garantido. “Polos datos que manexamos, hai suficiente stock para garantir o fluxo de fertilizantes. Outra cousa é o que estea a pasar cos prezos. Nese caso temos constancia de subas importantes nalgúns produtos.”

A secretaria xeral de ANFFE, Paloma Pérez, indica que as navieiras están a aplicar subas nos fletes pola situación de guerra. “Moitos barcos acaban sendo desviados, o que alonga os tempos de entrega e encarece o transporte marítimo.”

Podemos garantir que os produtores españois non terán desabastecemento de fertilizantes nos vindeiros meses (Asociación Nacional de Fabricantes de Fertilizantes)

Unha situación, di Pérez, que pode acabar afectando a fertilizantes que non se producen na zona de conflito nin teñen as rutas de paso por ela. É o caso dos abonos fosfáticos, que proceden principalmente de Marrocos e o norte de África.

Os portos europeos xa comezan a padecer demoras no transporte e suba do prezo dos fletes

Os portos europeos xa comezan a padecer demoras no transporte e suba do prezo dos fletes

“O único que está claro é que non hai nada claro. Nunha situación de guerra non ten sentido facer extrapolacións ou previsións nin sequera a curto prazo. Porque todo pode cambiar en cuestión de horas, como estamos a ver no golfo pérsico.”, engadiu Pérez.

Segundo datos de ANFFE, “os prezos internacionais dos fertilizantes están aínda bastante por baixo dos máximos históricos acadados entre 2021 e 2022 co comezo da guerra de Ucrania. Pero a urea está a subir en oriente medio a un 20% semanal e o fosfato diamónico a un 5%″

A Cooperativa O Rodo, de Rodeiro, dispón dunha estación de combustibles e ofrece aos seus socios o servizo de tenda agrícola na que tamén distribúen e mesmo aplican nas leiras fetilizantes nitroxenado. Alberto Hermida, responsable de compras, sinala que este ano xa tiñan contratadas arredor de 400 toneladas de fertilizante.

“No caso dos fertilizantes non estamos preocupados. Nós asinamos un contrato de compra cunha empresa distribuidora. As condicións de prezo e entrega están recollidas nun contrato, polo que non nos vai afectar a situación internacional. Eso xa o pechamos hai semanas.”, explica Hermida.

Nós temos as espaldas cubertas en canto aos fertilizantes porque xa os temos mercado hai tempo e cunha cantidade e un prezo recollidos en contrato (Cooperativa O Rodo)

Cuestión diferente é a do prezo dos combustibles que serven na estación de servizo de Rodeiro. “Nese caso dependemos dos prezos internacionais que se van producindo en cuestión de días e mesmo de horas. A nosa marxe de manobra é moito menor pero tentamos manter o mellor servizo posible.”

Plásticos agrícolas, afectados por subas diarias

Outra preocupación no sector primario está na suba dos prezos dos plásticos agrícolas. Invernadoiros, ensilados ou acolchados van aumentar a demanda nas vindeiras semanas coa chegada das colleitas de primavera. Dado que son derivados do petróleo e do gas natural, a suba do seu prezo xa se está a sentir.

A meirande parte fabrícanse con polietileno e polipropileno, que teñen no estreito de Ormuz un dos lugares de maior movemento destes materiais. As principais organizacións agrarias sinalan que se están a producir subas de ata 200 € por tonelada de termoplásticos e que o polietileno acadou incrementos diarios de ata o 5%.

Máis alá dos posibles movementos especulativos que denuncian os sindicatos agrarios e as asociacións de consumidores, todo apunta a que hai temor a que a oferta sexa insuficiente. De aí que as industrias estean a facer acopio e, con eso, subindo o prezos.

Para os produtores non é posible repercutir a suba dos plásticos agrícolas no prezo dos seus produtos

Para os produtores non é posible repercutir a suba dos plásticos agrícolas no prezo dos seus produtos

Ademais da COAG, ASAJA e UPA calculan en 41 millóns de euros semanais o aumento dos custos debido á suba dos prezos dos combustibles e dos custos loxísticos debidos á suba de fertilizantes e plásticos. E insisten en que os agricultores non poden trasladar eses custes ao prezo final dos seus produtos.

Numerosos distribuidores por toda España están a racionar os pedidos e eliminando descontos por volume porque non hai garantías de que se poida contar coa suficiente resina de petróleo para repoñer os plásticos agrícolas que se vaian gastando. E xa se advirte que mercar plásticos que impliquen un desprazamento entre provincias diferentes pode subir os custos finais do material entre o 5% e o 8%.

Dese xeito, as organizacións agrarias e outras entidades piden que se investiguen as prácticas de fixación de prezos na distribución de gasóleo e fertilizantes agrícolas nitroxenados. E que se activen mecanismos de seguemento e control de marxes na cadea de insumos enerxéticos ao sector agrario.

Argumentos de COAG contra as subas de prezos de fertilizantes e plásticos

A COAG emitiu un comunicado no que explica por que a suba dos combustibles non está xustificada

A COAG emitiu un comunicado no que explica por que a suba dos combustibles non está xustificada

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información