Os técnicos da Consellería de Medio Rural confirman a presenza e expansión en Galicia da mosca da nogueira (Rhagoletis completa), unha nova praga procedente de Estados Unidos e México.
Despois de detectar o pasado mes síntomas de danos nas noces compatibles coa presenza deste insecto, técnicos da Consellería de Medio Rural colocaron a comezos de xullo trampas de captura cinco comarcas con presencia relevante de nogueiras das provincias da Coruña e Lugo. Estas trampas cromáticas de cor amarela ubícanse a dúas alturas distintas, 2 e 4 metros (a máis altura, máis capturas), sempre orientadas ao sur e cun cebo alimenticio.
A semana pasada capturáronse nas trampas as primeiras moscas, que foron levadas ao Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, para confirmar a súa presenza, obtendo un resultado positivo a mosca da nogueira (Rhagoletis completa).
“A día de hoxe, seguen a capturarse moscas da nogueira en gran cantidade nas trampas de Bergondo, Cambre, Carral e Sada (A Coruña), así como Guntín na provincia de Lugo”, informan os técnicos.
A mosca da nogueira pasou a Europa de forma accidental na década de 1980. Os adultos teñen un tamaño variable de entre 4 e 8 mm. Ten unha única xeneración anual. Os adultos emerxen do chan dende primeiros de xullo ata fináis de agosto cunha vida útil de 40 días. Pasa o inverno en forma de pupa enterrada no chan a pouca profundidade. Ás dúas ou tres semanas, as femias xa fertilizadas comenzan a posta de ovos na cáscara da noz. O desenrolo larvario dura entre 3 e 5 semanas. Despois, a larva cae ao chan ou caen coa froita enterrándose para pupar.