Confirman 10 novos xabarís mortos por peste porcina africana en Cataluña

O número de casos positivos ascende a un total de 26, segundo os datos do Laboratorio Central de Veterinaria de Algete, que confirma que se analizaron outros 208 cadáveres, con resultado negativo

Confirman 10 novos xabarís mortos por peste porcina africana en Cataluña

Restricción de paso na zona afectada, en Cataluña.

O Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid) confirmou o positivo ao virus da peste porcina africana (PPA) noutros 10 xabarís, que se localizaron nas inmediacións dos casos notificados con anterioridade, no municipio de Cerdanyola do Vallés (Barcelona). Con estes novos positivos, confírmase a presenza da enfermidade nun total de 26 animais silvestres.

Ademais, analizáronse outros 208 cadáveres de animais atopados mortos no medio natural ou en estradas e vías ferroviarias na zona infectada e os seus arredores, que han resultados negativos.

Estes achados son resultado do intenso traballo de campo realizado polo Corpo de Axentes Rurais da Generalitat, en colaboración coa Unidade Militar de Emerxencias (UME), o corpo de Mossos d’Esquadra, o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil e a Policía local, que inclúe a procura de cadáveres de xabarís, a vixilancia do acceso non autorizado á zona infectada e a desinfección vehículos e persoas.

As administracións central e autonómica lembran manter un alto nivel de alerta, con elevadas medidas de bioseguridade tanto nas explotacións como nas poboacións de xabarís silvestres.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información