A Conferencia ONE de Alltech regresa a casa. Do 18 ao 20 de maio de 2026, Alltech dará a benvida a líderes de opinión e axentes de innovación no Central Bank Center da cidade de Lexington, Kentucky, para abordar as ideas transformadoras que están a dar forma ao futuro do sector agroalimentario.
“Nos últimos 40 anos, Alltech creou un evento verdadeiramente excepcional –único no seu tipo–, que moitos consideran o principal evento internacional do sector agroalimentario”, dixo o Dr. Mark Lyons, presidente e CEO de Alltech, compañía global líder en saúde e nutrición animal. “ONE 2026 reunirá novamente a líderes de opinión e de acción, científicos, produtores de alimentos, emprendedores e comunicadores nun ambiente de colaboración para explorar o que lle espera á nosa industria e ao noso planeta”.
En 1985, Alltech celebrou a primeira edición da súa conferencia en Lexington, dando a benvida a invitados de todo o mundo para explorar con expertos os aspectos máis importantes dos agronegocios. Desde entón, ONE converteuse nun referente de inspiración, innovación e colaboración para todo o sector agropecuario e outras industrias. Esta conferencia levou a cabo en Lexington ata 2023, ano no que Alltech levou as ideas e inspiración de ONE a unha xira por seis países en catro continentes, como parte do ONE World Tour de Alltech.
“Despois dalgúns anos de conectarnos virtualmente e percorrer o mundo xuntos a través de experiencias rexionais, a Conferencia ONE de Alltech regresa a casa: a Lexington”, engadiu Lyons. “Este evento levou a ducias de milleiros de líderes empresariais –de case 100 países– á rexión de Bluegrass ao longo destes anos. Os contactos e as conversacións que estableceron aquí permitiron realizar innovacións, negocios e a creación dunha comunidade que se estende por todo o mundo. Son moitos os que xa están a facer plans para acompañarnos en 2026 e esa expectativa está a crecer”.
Co tema “Xuntos, transformamos o brillante en extraordinario”, ONE 2026 ofrecerá conferencias maxistrais inspiradoras, sesións e talleres dinámicos, e valiosas perspectivas de líderes globais dos sectores da industria agropecuaria, os negocios, a tecnoloxía e a sustentabilidade.
“Espero con entusiasmo darlles a benvida á nosa cidade natal e percorrer os corredores do Rupp Area; xunto a vellos amigos e novos aliados, para impulsar as ideas que darán forma ao noso futuro compartido”, finalizou o Dr. Lyons. “Non hai nada como estar na casa”.
Visite one.alltech.com para ver un vídeo de presentación, obter máis información de ONE 2026 e subscribirse para recibir actualizacións da conferencia.