A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago (USC), organizan as “XXXIII Xornadas Luis Asorey”, centradas nesta edición 2022 en “O capital natural e os servizos ecosistémicos. A nova base da economía”.
Desenvolveranse dende hoxe e ata o vindeiro mércores, 23 de novembro,, a través dunha serie de conferencias en horario de tarde nas que se abordarán os bens naturais e as súas externalidades: a restauración do capital natural tralos incendios forestais, os servizos ecosistémicos da Rede Natura 2000, os servizos ambientais na nova Política Agraria Común, a paisaxe, a compensación das emisións de gases de efecto invernadoiro, a biodiversidade, os servizos ecosistémicos dos sistemas agroforestais ou o valor de monumentos naturais como son as árbores senlleiras.
Entre as conferencias impartidas esta semana destaca a de Edelmiro López Iglesias, pofesor de Economía Aplicada da Universidade de Santiago, quen este mércores falará sobre “A nova PAC e os pagos por servizos ambientais en Galicia”.
As conferencias impartiranse no salón de actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), en horario de 19:00 a 21:00 horas.
A inscrición pode realizarse na seguinte ligazón
Velaquí o programa.