
A última estimación do Consejo Sectorial de Cereales de Cooperativas Agro-alimentarias de España sitúa a colleita deste ano en 18,6 millóns de toneladas. Esta cifra supón unha revisión á baixa de 1,96 millóns de toneladas e unha caída do 9,5 % respecto da primeira previsión -realizada no mes de maio- que situaba a colleita en 20,56 millóns de toneladas.
O informe realizado por Cooperativas Agroalimentarias cifra en 5,28 millóns de hectáreas a superficie destinada a cultivo de cereais. Tivéronse en conta as declaracións dos agricultores e gandeiros perante o Ministerio de Agricultura e as solicitudes de PAC. A estimación sitúa o rendemento medio de todas as comunidades autónomas en 3,52 toneladas por hectárea.
Respecto da campaña de 2025, considerada unha das mellores dende que hai rexistros e na que se acadaron 26,64 millóns de toneladas, a produción total vaise reducir de forma moi significativa ata un 30% en volume e un 24% en rendemento.
A produción de cereais de inverno estímase en torno a 14,8 millóns de toneladas, cun descenso xeneralizado en todos os cultivos. E quedaría nos seguintes números:
– Trigo brando: 5,6 millóns de toneladas
– Trigo duro: 449.000 toneladas
– Cebada: 6,9 millóns de toneladas
– Avea: 868.000 millóns de toneladas
– Centeo: 149.000 toneladas
– Triticale e outros cereais: 804.000 toneladas
De xeito aínda preliminar, habería que engadir 3,83 millones de toneladas de millo. O trigo brando reduce a previsión de produción un 36 %, e a cebada tería un axuste á baixa do 32 %, respecto da campaña pasada. A cebada continúa sendo o principal cereal español por volume, cun rendemento medio de 3,19 toneladas por hectárea. Séguelle o trigo brando, con 3,25 toneladas por hectárea.
A esta baixada de produción, hai que engadirlle un factor económico que agrava a campaña: o incremento de custes de produción en insumos, enerxía e laboreo, que reducen a rendibilidade das explotacións cerealistas. Aínda que os rendementos son só levemente inferiores á media dos últimos cinco anos, a marxe para os agricultores é sensiblemente menor.
Factores climáticos
Dende Cooperativas Agroalimentarias de España sinalan que as expectativas favorables xeradas polas chuvias de primavera non se consolidaron de maneira uniforme. E que as elevadas temperaturas dende a segunda quincena de maio aceleraron o crecemento e maduración en zonas centro e norte. Así, reduciuse o período de enchido, o peso do gran e o rendemento final.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía sinala que a temperatura media peninsular se situou en 3,2 °C por encima do normal en primavera e as precipitacións quedaron só no 39 % dos seus valores habituais. O rendemento caeu con forza, especialmente nas zonas onde o cereal se estaba enchendo cando chegaron as vagas de calor.
Máis alá das cifras totais, dende Cooperativas Agroalimentarias apuntan a unha campaña moi desigual territorialmente. Mentres que en boa parte do centro e norte de España o principal factor limitante foi o estrés térmico e hídrico, en Andalucía as chuvias persistentes de inverno provocaron anegamentos, problemas de nascencia e falta de uniformidade en determinadas parcelas, afectando o potencial produtivo e a calidade do gran.

A cebada segue a ser o cereal máis cultivado e con maiores rendementos en España
Demandas do sector
Cooperativas Agroalimentarias sinala que “os cereais constitúen un cultivo estratéxico para o equilibrio territorial, a actividade económica do medio rural e o abastecemento da cadea agroalimentaria. A volatilidade das últimas campañas amosa a necesidade de adaptar as explotacións fronte a fenómenos climáticos cada vez máis extremos e concentrados.”
Por eso, consideran prioritario “avanzando na profesionalización dos cultivos, a mellora xenética, o uso de semente certificada e de gran acondicionado, a agricultura de precisión e o fortalecemento dos seguros agrarios.”
A entidade sinala a iniciativa Agricultores Contra el Cambio Climático, AC3, como “unha ferramenta fundamental para xerar e trasladar solucións agronómicas que permitan reducir o impacto dos episodios climáticos adversos e avanzar hacia unha produción cerealista máis resiliente.”
Pódese consultar o informe completo neste ENLACE
Galego






Control OJD