Concursos de raza Frisona, de Rubia Galega ou de manexo de tractores en Feiradeza do 1 ao 3 de xullo

Feiradeza, a feira e concurso gandeiro que se celebra en Lalín do 1 ao 3 de xullo, sumará este ano aos tradicionais certames de raza Frisona, un concurso de Rubia Galega e tamén certames de manexo de tractores ou de robots de muxido en funcionamento.

Estas son algunha das novidades da edición número 37 de Feiradeza que foron presentadas este xoves aos medios por Xosé Rodríguez, secretario de Africor Pontevedra; José Crespo, alcalde de Lalín e Avelino Souto, concelleiro de Medio Rural no Concello de Lalín.

Velaquí un resumo do programa:

1 de xullo, venres:

-A partir das 17:00 horas: Concurso de Novos Preparadores.

-Ás 19:00 horas: Inauguración oficial da feira.

2 de xullo, sábado:

– Ás 10:00 horas: Concurso de xatas e xovencas de raza Frisona. 

-Ás 16:00 horas: Concurso de Novos Manexadores.

-Ás 17:00 horas: Concurso de Manexo de Tractores.

3 de xullo, domingo:

-Ás 09:00 horas: Concurso de Rubia Galega.

-Ás 09:30 horas: Concurso de vacas de leite e os campionatos de Raza Frisona, que serán xulgados por Javier Freire, xuíz internacional de Conafe.

-Ás 14:00 horas: Entrega dos premios e sorteos, antes do xantar.

-16:15 horas: Poxa de gando, que pechará a edición.

feiradeza 22 cartaz 1 feiradeza 22 cartaz 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información