Concurso fotográfico #EuSonMazaricos: orgullo gandeiro dende os máis cativos

Concurso fotográfico #EuSonMazaricos: orgullo gandeiro dende os máis cativos

Unha das fotos participantes

Presumir de agricultores e de gandeiros dende os máis cativos ata os maiores a través das fotografías. Ese é o obxectivo do Concurso de Fotografía que organiza a Semana Gandeira de Mazaricos. As fotos participantes xa as podemos ver no Facebook.

O concurso está dirixido a todo o público coa temática “Mozos e maiores no agro”. As fotos serán valoradas por un xurado de expertos e serán premiadas con vales de compra nos establecementos de Mazaricos con 150 € para o primeiro clasificado; 100 para o segundo e 50 euros para o terceiro. Os gañadores coñeceranse este sábado pola tarde a partir das 17:00 horas na entrega dos premios que terá lugar no Pavillón Polideportivo da Picota.
#SEMANAGANDEIRA #EuSonMazaricos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información